Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festival Internacional de Percusión

O FIP de Merza abre a súa programación artística no E Ferro Galpón

O primeiro concerto reuniu a parte do equipo docente do festival e á proposta Mujeres de Tabarilea nunha actuación marcada pola percusión, o ritmo e o movemento

Concerto no E Ferro Galpón.

Concerto no E Ferro Galpón. / M.S.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vila de Cruces

O Festival Internacional de Percusión de Merza iniciou a súa programación artística coa celebración do primeiro concerto desta edición, que tivo lugar no E Ferro Galpón. A cita reuniu sobre o escenario a parte do equipo docente do festival e á proposta escénica Mujeres de Tabarilea, nunha actuación que combinou percusión, ritmo e movemento.

O concerto permitiu ao público achegarse á diversidade de linguaxes que ofrece a percusión, desde propostas inspiradas na tradición ata interpretacións de carácter contemporáneo. A actuación destacou pola calidade artística e pola proximidade cos asistentes, nun formato que reforzou o vínculo entre músicos, alumnado e público.

Na cita participaron profesionais destacados da percusión como Irene Rodríguez, timbaleira solista da Orquestra Sinfónica de Madrid e codirectora da parte formativa, xunto con Noé Rodrigo, solista e profesor do Conservatorio Superior de Música de Castela e León. Tamén interviñeron Actea Jiménez, timbaleira solista da Bilbao Orkestra Sinfonikoa; Alberto Rodríguez, percusionista freelance e profesor do Conservatorio Profesional de Palencia; e Carlota Cáceres, profesora do Conservatori Superior de Música de les Illes Balears e percusionista solista e de cámara.

A celebración do concerto no E Ferro Galpón, o novo espazo cultural impulsado pola artesá Elena Ferro en Merza, reforza a colaboración entre dous proxectos que apostan pola cultura, a creación artística e a dinamización do rural. A parroquia convértese así estes días nun punto de encontro para intérpretes, alumnado e amantes da percusión.

Tras as primeiras xornadas dedicadas á actividade formativa, o Festival Internacional de Percusión de Merza continuará nos próximos días cun programa de clases, obradoiros e concertos abertos ao público, consolidándose como unha das citas de referencia para a percusión a nivel estatal e internacional.

Tracking Pixel Contents