Entroido de Verán
A Bandeira celebra o seu Entroido de Verán este sábado
A Asociación de Xenerais do Entroido toma o relevo de Amigos da Empanada na organización dunha festa con música, disfraces e ambiente estival

Participantes nunha cita anterior. / Bernabé / Javier Lalín

A Bandeira celebrará este sábado 18 de xullo a primeira edición do Entroido de Verán organizada pola Asociación de Xenerais do Entroido da Bandeira. A cita toma o relevo da festa que ata o de agora viña impulsando a Asociación de Amigos da Empanada e abre unha nova etapa baixo a organización dos Xenerais, de aí que se presente como primeira edición.
A programación desenvolverase na Praza do Entroido e comezará ás 20.30 horas con música sen parar. Ás 22.30 horas celebrarase o desfile de disfraces, con premios para as propostas máis orixinais, nunha noite que busca trasladar o espírito do Entroido ao calendario estival.
Tras o desfile, a festa continuará coas sesións de DJ Maldinami, DJ Calwin e DJ Xis. A organización completará a proposta con foodtrucks, barra, música, photocall e outras actividades pensadas para converter a Praza do Entroido nun punto de encontro para a veciñanza e visitantes. Colaboran o Concello de Silleda e a Asociación Cultural Vista Alegre.
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Un Celta 'in crescendo' empata ante el Nápoles
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña