IN MEMORIAM
Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos

Juan Carlos Blanco González. / Cedida
Antonio Crespo Iglesias
Cando estábamos no campo da festa antes da misa, empezou a percorrelo unha mala ola de tsunami, de auga xeada, que nos puxo un nó na gorxa a todos os que alí estabamos. Que a Juan lle dera un infarto na recta de Sello. Ata o cura, que lle coincidira pasar por alí cando intentaban reanimalo, rezou por el na misa. Ao final non foi ben.
Tiñámolo de veciño da porta. Se puidera pedir ter ao mellor do mundo, pediría ter a alguén coma Juan e a súa familia. Sempre disposto a axudar, sempre co sorriso permanente, sempre positivo. Confianza cega por instinto e por naturaleza.
Juan fixo moito polos demais. Cada vez que facía falta sacar adiante un proxecto para o pobo, aí, normalmente na segunda fila, sen destacar e empurrando coma o que máis, levando o xugo con frecuencia, aí estaba el.
Algúns casos.
Na posta en marcha e nas primeiras edicións do Rali de Lalín (agora Rali do Cocido), cando nos xuntamos uns cantos para facer realidade aquela ilusión, aí estaba el como peza fundamental de equilibrio e traballo, e como non era suficiente, meteu a axudar tamén a unha boa parte da súa familia. Por suposto, todos dun xeito altruísta. Así se empezou.
O primeiro presidente do club tenis de mesa Lalín foi el, axudado por Pepe Domínguez, club polo que pasaron moitos rapaces e no que seguimos a día de hoxe.
Para facer e sacar adiante o circuíto de motocrós do Carrio, aí estivo el (con Palmeras e algún máis) facendo de bisagra entre os dous motoclubs que había daquelas para facelo posible.
El e Carlos Seixas (Bernabé) foron os piares sobre os que se sostivo ao inicio o Motoclub Km0, os principais responsables de sacar adiante o Motococido. Cando Carlos deixou a presidencia, seguiu Juan un tempo que el quixo que fora de transición ata que se incorporou Valerio.
Cando había que axudar nos distintos campeonatos, nos de enduro, nas bicis, nas carreiras a pe, ¿quen botaba unha mau para os trazados, para cronometrar, para facer de apoio? Juan...
Estes casos son os primeiros que me veñen a memoria sen esforzarme nada. Estou seguro que quedan bastantes mais.
Deixounos moi tristes. Non vexo maneira de arreglalo por agora. Seguro que vai a seguir moito tempo entre nós, na nosa memoria, pois fixo méritos para elo. Cando esteamos con Ana, con Alberto, con Mari Fe, con Marisol, con Isabel, con Luis e co resto da súa familia, veremos tamén algo del. El foi sempre xeneroso connosco. Cada un de nos deberemos corresponder, cadaquén, como mellor lle pareza.
Fonda aperta entrañable para toda a familia e tamén para todos os amigos de Juan, que somos moitos.
- Eclipse de Sol en Vigo y Galicia | Consejos, horarios y dónde ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Se entrega en la Guardia Civil tras 20 días fugado el conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda
- Restaurantes y hoteles vigueses ya cuentan con una lista negra de clientes conflictivos
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El parque acuático de Monterrei dispara la afluencia de visitantes con los nuevos toboganes: «es mucho más completo»
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Rebajan la pensión de 13.000 euros mensuales de una viguesa y sus hijos porque deben adaptarse al nuevo «nivel de vida»