Sociedade
O Sixto estrea a praza de todos
A aldea forcaricense inaugurou este venres unha ágora de pedra construida con aportacións de veciños emigrados, nun acto ao que asistiron máis de 160 persoas e que demostrou a forza da comunidade

Membros da asociación con Michell Otero e Luis Espiña durante a inauguración. / FDV
O Sixto é unha aldea de Forcarei con tan só unhas cinco casas habitadas. Non obstante, conta cunha particularidade da que moi poucos núcleos rurais poden presumir: unha praza humanizada para uso e desfrute dos veciños. Iso si, conseguila non foi cousa de subvencións nin iniciativa das administracións públicas. Foron os propios habitantes, e aqueles que teñen relación coa aldea, os que se mobilizaron e puxeron a disposición fondos particulares para materializala. Onte foi a inauguración, un evento no que participaron máis de 160 persoas e que pon de manifesto que, con vontade, nada é imposible. Mesmo no rural, onde parece que as cousas non sempre chegan coa mesma facilidade.

Exposición fotográfica. | FDV
A historia desta obra é digna de quedar inmortalizada nas páxinas do xornal. Haberá cousa de cinco anos, alá polo 2021, constituíuse a Asociación de Veciños do Sixto. Nunha das primeiras reunións falouse de dotar de novos usos unha finca privada que ocupaba o centro da aldea, pero do dito ao feito aínda quedaba moito por andar. Cando a idea chegou a oídos de Luis García Espiña, emigrante afincado en Madrid pero natural do Sixto, non o dubidou. Comprou a parcela e doouna desinteresadamente á entidade veciñal para que puidesen levar a cabo os seus plans.

Actuación do grupo Sons das Corbaceiras. / FDV
Pero non abondaba con ter o terreo. Tamén facían falta fondos. Máis tarde, outro emigrado —agora nos Estados Unidos— coñeceu esta proposta e tamén quixo participar. Michell Otero García foi o encargado de custear a práctica totalidade das obras. En honra á súa xenerosidade, entre os actos de onte estivo o descubrimento dunha placa honorífica cos nomes de ambos.
A recén estreada praza do Sixto conta cuns 350 metros cadrados de extensión, bancos, un palco e unha fonte de pedra tamén doada por García Espiña. Onte, máis de 160 persoas achegáronse á inauguración, que contou coa actuación de Sons das Corbaceiras e Adrián Torres, un pincho popular e a emisión do partido da selección española. Pero, sobre todo, onte os veciños desta aldea de Terra de Montes deron exemplo do que significa crear comunidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- El cultivo de la cebada se extiende por Galicia: Hijos de Rivera se alía con 27 agricultores de A Limia y alcanza las 850 hectáreas
- Cada año 200 profesores piden compaginar la docencia con otro puesto de trabajo
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- Dos policías nacionales salvan a una mujer que se quedó inconsciente al atragantarse en un bar de Vigo
- «Montando guardia» ante el escenario de D.Valentino en Pontevedra: «Yo llevo aquí desde las nueve»
- Ya son tres los buques chinos multados por pesca ilegal en aguas de Argentina: 2,6 millones a pagar y un cuarto barco pendiente de sanción