Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aniversario

Tres lustros tecendo redes no rural

A fundación Roberto Rivas celebrou o seu aniversario coa apertura de El Palomar, unha antiga casa de labranza rehabilitada en Siador

Asistentes ao aniversario da Fundación Roberto Rivas e á inauguración de El Palomar.

Asistentes ao aniversario da Fundación Roberto Rivas e á inauguración de El Palomar. / Bernabé / Javier Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Silleda

A Fundación Roberto Rivas celebrou este xoves o seu 15 aniversario coa inauguración de El Palomar, un novo espazo situado en Siador, en Silleda, concibido para favorecer o encontró entre persoas, proxectos e entidades comprometidas co desenvolvemento do territorio.

Baixo o lema 15 anos tecendo redes no rural, máis de 50 persoas participaron nun encontro que reuniu representantes do ámbito institucional, empresarial, asociativo, cultural e emprendedor para reflexionar sobre a importancia das redes de colaboración no futuro do rural.

A apertura institucional correu a cargo da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena quen destacou que «ao final, o rural medra cando hai persoas dispostas a acudir unhas coas outras». Unha idea que conectou co fío condutor da celebración.

A continuación Pablo Rivas, presidente da Fundación Roberto Rivas, fixo balance dos quince anos de traxectoria da entidade e reafirmou o compromiso da Fundación co futuro do territorio. «Seguimos tecendo redes, construíndo unha fundación sostible no tempo e con moito futuro, acompañados das entidades que cren neste proxecto», sinalou.

Pola súa banda, Olga Rivas, directora da Fundación Roberto Rivas, presentou oficialmente El Palomar e explicou a sua vocación de convertirse nun espazo aberto á colaboración, ao emprendemento e á innovación social. «Queremos contribuír a construir un medio rura onde existan oportunidades para emprender, desenvolver poxectos de vida e crear comunidade. Para conseguilo hai dúas bases imprescindibles: a confianza mutua entre as persoas e entidades que impulsan iniciativas, e a colaboración, porque son esas as redes que nos sosteñen. Cando hai confianza e colaboración, os territorios poden transformarse», destacou.

O Palomar inaugurado pola Fundación Roberto Rivas en Siador.

O Palomar inaugurado pola Fundación Roberto Rivas en Siador. / Bernabé / Javier Lalín

Durante o encontro presentouse tamén DO Territorio, a comunidade impulsada pola Fundación para conectar con persoas emprendedoras profesionais e organización vinculadas ao desenvolvemento do territorio.

O acto contou tamén coa intervención de Anxo Quintana, que ofreceu unha reflexión arredor do valor dos pombais como símbolo de patrimonio, identidade e comunidade. Defendeu que «Galicia é un territorio cheo de posibilidades no que cada quen debe asumir a responsabilidade que lle corresponde». O exvicepresidente da Xunta salientou que «A Fundación Roberto Rivas non só ten intención de facer recuperacións interesantes do patrimonio histórico e artístico, senón que busca que esas intervencións sirvan tamén para facer dinamización económica, xerar postos de traballo e introducir novas dinámicas».

Tamén salientou que a decadencia do medio rural galego non se debe a unha praga. «É por un modelo económico que traslada a producción de alimentos a outras latitudes, que procura que se faga dun xeito antinatural e insana e ademais se establecen uns cauces de comercialización nos que a poboación local moitas veces é excluida», manifestou.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents