Arte contemporánea
A Bienal Laxeiro volverá en 2027 comisariada por Pilar Corredoira
A 18ª edición celebrarase na primavera e ocupará as tres plantas do Museo Ramón María Aller, con artistas locais, galegos, nacionais e internacionais

Begoña Blanco y Pilar Corredoira ene el museo. / Cedida

A Bienal Pintor Laxeiro celebrará a súa 18ª edición na primavera de 2027 e estará comisariada pola historiadora de Arte Contemporánea Pilar Corredoira. Así o avanzou a concelleira de Cultura de Lalín, Begoña Blanco, tras unha primeira xuntanza de traballo coa comisaria para empezar a perfilar unha cita coa que o Concello quere volver situar a vila como referente da arte contemporánea.
A previsión municipal é que a mostra se inaugure a comezos do mes de abril e ocupe a totalidade do Museo Municipal Ramón María Aller, nas súas tres plantas. A Bienal dará cabida a artistas locais, galegos, nacionais e internacionais, coa intención de reforzar a dimensión aberta dunha convocatoria promovida polo Concello de Lalín e vinculada ao legado de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro.
Blanco explicou que o goberno local comeza a traballar con antelación para que Corredoira poida establecer os primeiros contactos cos artistas participantes e definir as liñas mestras da mostra. A concelleira destacou o «perfecto entendemento con Pilar Corredoira» e lembrou que o Concello xa traballou con ela noutras ocasións, entre elas na exposición conmemorativa do décimo aniversario de Alfonso Sucasas.
A comisaria adianta que a 18ª Bienal partirá dunha investigación artística e curatorial sobre «o rito, a simboloxía, os xestos e as crenzas» presentes na memoria colectiva, na identidade do territorio e na paisaxe específica de Deza. Corredoira sinala que a proposta abordará, desde a arte contemporánea, a pervivencia actual de rituais, símbolos e crenzas vinculados ao legado material e inmaterial da zona.
Segundo explica, a Bienal establecerá un diálogo entre investigación, arquivo, contexto e produción artística, co obxectivo de xerar un espazo de reflexión no que conflúan tradición e actualidade. Blanco subliñou que este proxecto constitúe unha das principais apostas culturais do Concello e reafirmou o compromiso municipal coa difusión da arte contemporánea e coa posta en valor do legado do artista de Donramiro.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada