Festas de verán
A Espetada Musical volve a Silleda con bingo, petiscos e karaoke
A terceira edición da proposta organizada por SIC celebrarase o sábado 11 de xullo, desde as 19:30 horas, na contorna da praza do Siñor Afranio

Mesa dos espetos e cócteles durante a celebración de 2025. / Cedida

A Espetada Musical celebrará o sábado 11 de xullo a súa terceira edición en Silleda, no marco das Festas de Verán da capital trasdezá. A proposta, promovida por SIC Iniciativas Culturais, preséntase como unha cita feita pola veciñanza e para a veciñanza, co obxectivo de darlle ambiente festivo e bailongo ao serán do sábado.
A actividade comezará ás 19:30 horas no espazo habitual, na confluencia da praza do Siñor Afranio coa rúa Cartaxena, a carón dos xardíns situados fronte ao Concello. Alí, as persoas asistentes poderán compartir unha merenda con espetos variados, acompañados de cócteles estivais con e sen alcol, tanto para adultos como para crianzas. Non será preciso facer reserva, xa que os tíckets para os espetos e as bebidas poderán adquirirse no propio lugar da festa.

Presentación da 3ª Espetada Musical de Silleda, na propia Praza Siñor Afranio. / Cedida
Despois da merenda chegará unha das partes centrais da programación: o Bingo Musical. A diferenza dun bingo convencional, non haberá bólas, senón preto de 200 cancións populares e festeiras que irán soando na praza de xeito aleatorio. As persoas participantes deberán identificalas e marcalas nos seus cartóns.
Nesta edición incorpórase, ademais, unha novidade en formato karaoke. As letras das cancións proxectaranse nunha pantalla e a organización contará cun «micrófono rumbeiro» que irá polas mesas para animar a cantar ás persoas asistentes. Haberá premios para quen consiga dobre liña e bingo.
Desde SIC convidan tamén a veciños e visitantes a achegarse a este encontro coa súa roupa e complementos máis «horteras» e rechamantes, co propósito de reforzar o ton festivo da cita antes de continuar a noite no campo da festa. A idea é compartir mesa, conversa, música e petiscos nun ambiente informal, aberto a públicos de distintas idades e coa praza como escenario principal. Os promotores destacan o carácter popular da cita, que naceu coa vontade de sumar unha proposta participativa ao programa festivo.
A Espetada Musical conta coa colaboración do Concello de Silleda, a Fundación Semana Verde de Galicia, a Comisión de Festas de Silleda e a veciñanza das Baratas.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- Cancelado el festival de este sábado en el Museo do Mar en Vigo por «deficiencias» en la documentación entregada