Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gastronomía

Casa Sánchez álzase coa victoria na tercera edición do Camburguer

Entrega do galardón ao responsable de Casa Sánchez.

Entrega do galardón ao responsable de Casa Sánchez.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Casa Sánchez gañou a terceira edición do Camburguer de Rodeiro coa súa proposta The Caracas Smoke Gold. O certame, impulsado polo Concello para dinamizar a hostalaría e promover o consumo de proximidade, pechou con preto de 3.600 mini hamburguesas vendidas. O segundo premio foi para Casa Achacán, con Artebrasa, mentres que o terceiro recaeu en Pub Quirós, con Arcoiris Kambota. Como peche do concurso sorteáronse cinco lotes de produtos, que foron para Verónica Moure García, Sandra Lorenzo Blanco, María del Mar Cambeiro, José López García e Jonathan García. A concelleira de Cultura, Turismo e Dinamización, Xulia Dacal, destaca que «o Camburguer é xa un evento consolidado» e agradece a implicación de establecementos, veciñanza e visitantes.

Tracking Pixel Contents