Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio

Os veciños de Merza denuncian o abandono da Fonte de Ramos

A maleza que cubre o acceso á Fonte de Ramos, en Merza.

A maleza que cubre o acceso á Fonte de Ramos, en Merza.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vila de Cruces

Os veciños de Merza denuncian o estado de abandono no que se atopa a contorna da Fonte de Ramos, un lugar ao que acuden diariamente persoas de distintos puntos da parroquia para recoller auga. Segundo indica a veciñanza, a maleza invade por completo o acceso. Explican que as escaleiras están practicamente tomadas pola vexetación e que a auga descorre sen control polas zonas de paso.

Os veciños manifestan que esta situación converte o acceso nun perigo, especialmente para as persoas maiores, que son as principais usuarias da fonte. Expoñen que xa levan denunciando esta situación dende hai máis de tres anos e que todas estas queixas foron remitidas ao Concello que, segundo sinala a veciñanza, prometeu actuar.

Ante a falta de acción e o sentimento de abandono dun traballo que segundo as súas palabras debería asumir o Concello, foron eles mesmos os que se organizaron a pasada fin de semana para limpar un vial en Sulado. Aseguran que non poden agardar a que alguén esvare, caia polas escaleiras e sufra algunha lesión e fanlle unha invitación ao alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, e ao concelleiro de Obras, Juan Carlos Rodríguez para que comproben de primeira man o estado do acceso á Fonte de Ramos e dos perigos que supón para a veciñanza achegarse a recoller auga entre tanta maleza e a propia auga que escorre polos chanzos.

Tracking Pixel Contents