Arte
A Solaina de Piloño homenaxea ao gaiteiro Plácido Rozas na súa XVII Xuntanza
Nesta edición, que comeza este domingo, participan seis artistas residentes que en novembro exporán a súa obra en Lalín

Onte presentouse a XVII Xutanza Obradoiro Artes Plásticas da Fundación Paco Lareo Piloño no Café Mili. / Bernabé / Javier Lalín
Iria Otero
A Fundación Paco Lareo - A Solaina de Piloño inaugura este domingo 5 a súa XVII Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas. Este ano homenaxéase ao mestre gaiteiro Plácido Rozas. Co obxectivo de fomentar e difundir a cultura galega e a participación cidadá, A Solaina, presidida por Carmen Lareo, recibirá este domingo aos seis artistas residentes que van formar parte desta xuntanza. Mónica Lago, Susana de Castro, Inés Benito, Mariña Paz, Olalla Framiñán e Álex Davila que son estudantes de Belas Artes e están vencellados a esta disciplina. Durante a vindeira semana realizarán diversos obradoiros, un pola mañá, ás 10.00 horas e outro pola tarde, ás 17.30 horas, pero tamén van ter tempo para poder coñecer de preto a súa contorna.
Están previstas dúas visitas. A primeira será o mércores 8, ás 20.00 horas cando os integrantes da iniciativa artística visiten a Fundación Neira Vilas. Ademais, o xoves 9, ás 21.00 horas, serán recibidos no Concello de Vila de Cruces. Terán varios días para traballar e crear a súa obra que se poderá ver o sábado 11. Ás 11.00 horas, e dando inicio a xornada de clausura da XVII Xuntanza colocarase a obra na Solaina. Xa pola tarde, ás 18.00 horas, o homenaxeado desta edición, Plácido Rozas vai interpretar as Muiñeiras de Laxeiro e da Solaina. Amais, os artistas residentes recibirán un diploma e compartirán as súas impresións cos asistentes.
Plácido Rozas será o gran protagonista desta xornada xa que se descubrirá un cadro na súa honra, realizado polo pintor colombiano Carlos Santos e coñecerase máis sobre a súa figura cunha conversa cos seus amigos e coñecidos. Estarán presentes Alba Rozas, María Rosario Golmar, Valentín García, Daniel González Alén e Horacio Taboada.
A música tamén estará moi presente cun concerto de Vai Nela Salgueiros que tamén interpretará o himno de Galicia. Previo ao ágape de clausura entregaranse as medallas «Amigo da Solaina» que este ano recibirán a Asociación Vista Alegre de Bandeira, Joaquín Mejide Failde e Xoán Carlos García Porral.
As actividades de esta Xuntanza Obradoiro das Artes Plásticas continuarán o 20 de novembro coa inauguración da exposición no Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín e presentarase o libro catálogo editado pola Fundación coa colaboración da Xunta de Galicia. Xa en febreiro de 2027 esta mostra poderase visitar na Sala Paco Lareo no Auditorio de Vila de Cruces.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Así será la revolución que vivirá el frente litoral de Vigo en Teis: alquileres «tasados» durante 75 años, calidad arquitectónica, vida comercial, grandes dotaciones públicas y un bosque
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- Víctor Fernández, afectado por la prohibición del Concello de Vigo: «Sin conciertos en mis chiringuitos tendré que despedir a gente»
- Muere un hombre mientras se bañaba en una playa de A Illa
- Así es el nuevo Teis que impulsa la Zona Franca de Vigo
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas