Tribuna libre
Mentres chega a ambulancia
O rural non pide privilexios. Só pide que, cando alguén marque o 061, a esperanza chegue antes ca o medo

Mentres chega a ambulancia
Susana Tato Pampín
Hai unha frase que nunca pensei que escribiría: Que non che dea por enfermar no rural.
Fai dúas semanas, en plena vaga de calor, un veciño de Agolada saíu facer o que fixo toda a vida: traballar na súa horta. Ao regresar á casa empezou a sentirse mal. Moi mal. A súa familia chamou ao 061.
De Lalín a Agolada hai pouco máis de vinte minutos en coche. A asistencia sanitaria tardou preto de corenta e cinco minutos en chegar. Durante ese tempo volveron chamar varias veces. A angustia medraba mentres o reloxo seguía avanzando.
Cando por fin chegaron os sanitarios, aínda precisaron máis de media hora para estabilizar o paciente. Fixeron un traballo extraordinario. Este artigo non vai contra eles. Todo o contrario. Vai contra un sistema que obriga a profesionais excelentes a facer milagres con recursos insuficientes. Porque un golpe de calor non espera. O cerebro non espera. O corazón non espera.
Uns minutos máis e, mentres o resto de Agolada celebraba San Pedro, unha familia podería estar chorando a morte dun pai, dun fillo ou dun irmán. Dun home novo, cheo de vida.
E o peor é que isto non é unha excepción. Levamos anos normalizando que vivir no rural significa esperar máis. Esperar pola ambulancia. Esperar polo médico. Esperar por unha cita. Esperar por unha solución que nunca acaba de chegar.
Pero hai esperas que non admiten demora. A saúde non entende de distancias. As persoas tampouco deberían entender de códigos postais cando está en xogo a súa vida.
A Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular desde hai máis de quince anos, ten a responsabilidade e a obriga de garantir que a sanidade pública chegue en igualdade de condicións a todo o territorio. E esa igualdade, por desgraza, non sempre chega ao rural.
Din que todos temos dereito á mesma sanidade pública. É unha frase bonita. Ata que un reloxo marca corenta e cinco minutos e comprendes que hai galegos que viven con menos oportunidades de recibir asistencia a tempo simplemente porque decidiron vivir lonxe dunha cidade.
Non escribo isto buscando culpables fáciles. Escríboo porque ninguén debería preguntarse se a ambulancia chegará a tempo. Escríboo porque a vida dunha persoa de Agolada vale exactamente o mesmo ca a dunha persoa de Vigo, Santiago ou A Coruña. Escríboo porque o rural non pide privilexios. Só pide que, cando alguén marque o 061, a esperanza chegue antes ca o medo.
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Grave imprudencia en Gondomar: interceptan a un niño de 10 años conduciendo una moto con su padre
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- El Sepe identifica cuáles son los empleos con más tirón y prevé que Galicia incorpore 16.000 nuevos cotizantes al año hasta 2028
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina