Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gastronomía

O proxecto Artesanía no Prato chega aos Pendellos esta fin de semana

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

REDACCIÓN

Agolada

O proxecto autonómico Artesanía no Prato terá un espazo propio no XIII Corazón da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia entre os días 3 e 5 de xullo nos Pendellos de Agolada. Haberá demostracións gastronómicas de recoñecidos chefs galegos, ademais dunga degustación de queixos e outra de coctelería, nas que as pezas de Artesanía de Galicia terán un papel fundamental. As mostras de cociña iniciaranse este venres, día 3 co chef Héctor López do Restaurante España. Realizará dous pases, ás 13.30 e outro ás 15.00 horas. Pola tarde a catadora Salomé Beiroa dirixirá un percorrido sensorial por Galicia a través de queixos singulares con distintivos de calidade diferenciada, a partir das 18.00 horas. O sábado será a quenda da chef Lucía Freitas do Restaurante A Tafona, que tamén realizará dúas mostras, ás 13.30 e ás 15.00 horas. Pola tarde, o chef Jorge Gago, do Restaurante A Maceta encargarase do showcooking ás 20.00 horas. O domingo será a quenda de Javier Rodríguez Ponte, do Catering Boketé que se encargará de dous showcookings que terán lugar ás 13.30 e ás 15.00 horas, e pola tarde haberá un taller de coctelería a cargo de Gabriel Vilar, profesor de Escola de Hostelería do IES Sanxilao.

Tracking Pixel Contents