Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

tRIBUNA LIBRE

A volta á tortilla

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

ARIADNA FERNÁNDEZ gonzález*

Non son eu de chegar tarde aos sitios, porque non me gusta que me esperen, que enfríe o café ou a comida agardando por min, que en lugar de almorzar haxa que tomar o aperitivo, ou que a xente mire o reloxo con desesperación pola miña causa. Por iso de respectarse hai reloxos e almanaques, hai axendas e citas. Non me gusta tardar porque queda regular non aparecer na hora, réstalle fiabilidade a quen se demora.

Lembro quen entraba na aula cando xa estabamos todas sentadas e vivindo fronte da escola, ou os aplausos que se lle adican a quen queda e aparece unha hora despois, que no fondo son para chamar a vergoña e escarmentar para a seguinte.

Mais imaxinade que non se trata de chegar tarde a un café, que o asunto vai máis alá e se chega tarde a un sector enteiro, un sector a piques de entrar na UCI. A tardanza aí modifica vidas, aldeas, casas enteiras, a soidade dos maiores, o nacemento de nenos no rural, ata a paisaxe que coñecemos. A tardanza nese caso, cando da falla de puntualidade depende un territorio xa de por si despoboado, leva implícito un modo de maltrato ao que, por repetición estamos acostumados no noso país. O maltrato da espera eterna.

É cousa de amosar arrepentimento por parte de quen chega tarde, asunto de educación o de pedir desculpas, aínda que sexa poñendo cara de mágoa de coma quen. No caso concreto das parcelarias de Agolada, máis de 20 anos tarde dan para un bo arrepentimento despois de dúas décadas de mofa institucional e administrativa. Chégase tarde para os novos, xa vellos proxectos, para as incorporacións de mozos que xa teñen un emprego na vila, ou para que as granxas que puideron continuar en Agolada, que son agora galpóns con cangas de vacas baleiras e e cheas teas de arañas.

E aquí o Partido Popular, facendo gala da súa fachenda habitual, facendo alarde do ridículo, e gabándose da tardanza propia, dalle a volta a tortilla e preséntase coma heroe, querendo ter, por enriba, os parabéns de quen leva 20 anos de agarda e loita. Tardou tanto en dárselle a volta que a tortilla está negra coma o chamizo, non hai quen a coma.

Porque imaxinade que chegades tarde á estación e o tren xa se ten ido… estariades satisfeitos?

Presumir de chegar tarde e perder a viaxe. O Partido Popular.

*Parlamentaria autonómica do BNG.

Tracking Pixel Contents