Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Programación municipal

Los ‘Seráns Culturais’ ofrecerán circo, maxia, concertos ou cine na rúa en Vila de Cruces

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto

A Festa da Rapazada será o 31 de xullo no antigo campo de fútbol de Piloño, en colaboración co coletivo Garatuzas

Luis Taboada e Noemí Lois presentaron o programa. |

Luis Taboada e Noemí Lois presentaron o programa. |

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces desenvolverá nos meses de xullo e agosto a programación dos Seráns Culturais, unha proposta con actividades para todos os públicos que combinará circo, clown, maxia, cine na rúa e concertos de agrupacións locais e doutras procedencias. As citas celebraranse na Praza do Concello, cos venres orientados ao público infantil e familiar e os sábados abertos a todos os públicos.

O programa abrirase o 3 de xullo cun obradoiro de circo para nenas e nenos a partir de catro anos, de 17:30 a 20:00 horas, a cargo da Escola Saltimbanquis. A continuación, ás 20:30 horas, representarase «Autoestopista Intergaláctico», de Aitor Garuz e Pistacatro Productora de Sueños, un espectáculo de ciencia ficción que combina clown, transformismo e cambios de personaxes para crear escenas cómicas.

A música tomará a substitución o sábado 4 co concerto de Merza Brass, ás 20:30 horas, tamén na Praza do Concello. A formación de metais ofrecerá un repertorio con pezas dos anos 80. A maxia chegará o venres 10 de xullo da man do Mago Teto, que presentará ás 20:30 horas «As nosas letras». O espectáculo emprega o galego como fío condutor e rende homenaxe á cultura e á tradición do país con referencias á literatura galega, as cantigas de Afonso X, a espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito de Castelao e obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.

O sábado 11 regresará a música coa actuación de Xuntounos Ela, agrupación local que versionará pezas musicais. A cita será ás 20:30 horas. O venres 17 haberá cine familiar ao aire libre coa proxección de «¡Salta!», ás 22:30 horas. A película, protagonizada por Tamar Novas, recibiu o Premio á Mellor Interpretación Masculina nos Premios Mestre Mateo 2023.

O Coro Voces da Terra actuará o sábado 18 de xullo, ás 20:30 horas, cun concerto de música tradicional. O clown volverá ao programa o venres 24 coa función infantil e familiar «A estrada», de Natalia Outeiro, coñecida como Pajarito Pallasa. A obra propón unha

{"anchor-link":true}

cunha pallasa ao volante por un territorio imaxinario, con referencias dos noventa, humor e nostalxia.

O mes pecharase o venres 31 coa 4ª Festa da Rapazada, organizada por Garatuzas de Piloño e o Concello, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Será desde as 16:00 horas no antigo campo de fútbol de Piloño, con zona gastronómica, sorteos, inchables e fin de festa con Peter Punk. A entrada custará 10 euros e será gratuíta para socios de 3 a 18 anos de Garatuzas e para nenos de 0 a 2 anos.

En agosto, a programación continuará o sábado día 1 co concerto de Xacarandaina, ás 20:30 horas na Praza do Concello. O coro de 40 voces da Coruña interpretará pezas da tradición galega. O resto das citas anunciaranse en vindeiras datas.

Tracking Pixel Contents