San Xoán
A derradeira travesía da Ultreia
«Se teño que quedar cun momento destes 28 anos, quédome coa queima da Ultreia». O ofrenda da barca puxo o punto final ao San Xoán do Areal de Berres, unha das celebracións máis concorridas da comarca. O símbolo da festa resistiu durante longos minutos entre as lapas, protagonizando unha despedida tan emotiva como inesquecible

Pilar Bernárdez
O lume apagouse, pero a memoria permanecerá acesa durante moito tempo. O San Xoán do Areal de Berres viviu na noite pasada a súa derradeira edición, pechando un ciclo de 28 anos que converteu este recuncho da beira do Ulla nun dos puntos de encontro máis especiais e concorridos do solsticio en Galicia.
O que comezou en 1998 como unha pequena fogueira acabou transformándose nunha celebración capaz de reunir centos e mesmo miles de persoas ao longo da súa historia. Xeracións enteiras pasaron polo Areal para compartir música, conversa, comida e lume nunha festa que sempre tivo algo difícil de explicar: unha atmosfera propia, construída con naturalidade, amizade e respecto polo espazo.
A despedida non quixo ser grandilocuente. Ao contrario. A organización apostou por unha celebración sinxela, cun gran picnic colectivo no que cada quen levou a súa comida e contribuíu a crear, unha vez máis, ese ambiente que durante case tres décadas alimentou o espírito da festa.

San Xoán no Areal de Berres, A Estrada 2026. / P.B.
Ultreia
Mais o momento que quedará gravado na memoria de todos chegou xa entrada a noite. Foi entón cando as lapas abrazaron a barca Ultreia, símbolo inseparable do San Xoán do Areal. A súa queima representaba o final da travesía, a metáfora perfecta dunha festa que decidiu chegar ao seu porto definitivo.
E, porén, a barca pareceu resistirse á despedida. Ardía, pero permanecía en pé. O lume avanzaba lentamente mentres a súa silueta seguía debuxándose contra a escuridade. Como se tamén ela necesitase uns minutos máis para dicir adeus. Como se lle custase abandonar as historias, as risas e os recordos acumulados durante tantos anos á beira do río.
“Foi algo espectacular, moi simbólico. A barca quedou moitísimo tempo intacta mentres ardía e regalounos unha imaxe inesquecible”, explica a organización.
Para quen leva décadas facendo posible esta celebración, aquela escena resume mellor ca ningunha outra o significado do San Xoán do Areal. O lume, a auga, a emoción compartida e a sensación de estar vivindo algo único. “Se teño que quedar cun momento destes 28 anos, quédome co de onte. Representa todo o que vivimos aquí: o ambiente, a alegría e a esencia pura da festa, multiplicada por mil”, aseguran.
Areal
O espazo seguirá en boas mans e cos coidados precisos, mais agora quedan as cinzas, o silencio e os recordos. Queda tamén a pegada dunha festa irrepetible que durante 28 anos iluminou as noites de San Xoán en Berres. E queda a imaxe da Ultreia resistindo entre as lapas, como quen sabe que unha despedida verdadeira nunca acontece de golpe, senón amodo.

San Xoán no Areal de Berres, A Estrada 2026. / P.B.
Suscríbete para seguir leyendo
- Reino Unido activa su plan de gestión del pulpo para explotar la «plaga» a escala industrial: sus lonjas facturan ya más de 1 millón de euros por día
- Un día de espera y una cola que da la vuelta al auditorio de Castrelos para hacerse con una entrada para Chayanne
- La dueña china de Conservas Albo proyecta pérdidas por el descenso en las capturas de atún y krill
- La norma «vintage» de Vigo que «obliga» a todos los conductores a llevar cinta métrica en la guantera
- La comisión de fiestas del Carmen de Moaña deja la organización ante el escaso apoyo encontrado
- Desalojan uno de los narcopisos con mayor actividad en Vigo: entraban 40 personas al día a consumir y comprar heroína
- Aumentan las denuncias de vecinos ante el Concello para que sus lindantes talen la franja de 50 metros
- Condenado un padre en Vigo por agredir a un compañero de colegio de su hijo