Cita gastronómica
Refoxos celebra o 27 de xuño a Festa da Panceta, con degustación de balde
Repartirá arredor de 60 quilos, acompañada de pan e viño do país; só se cobrarán xerras e tazas
Redacción
A parroquia silledense de Refoxos celebrará o sábado 27 de xuño as súas festas patronais na honra a San Paio, cunha programación que combinará os actos relixiosos, a música tradicional e a décima edición da Festa da Panceta.
A xornada arrincará ás 9.15 horas coa alborada a cargo do grupo de gaitas A Carballeira de Cercio. Xa ao mediodía, ás 12.45 horas, celebrarase a misa solemne con procesión e, de seguido, terá lugar a sesión vermú, tamén amenizada polo citado grupo de gaitas.
Mais o prato forte da programación chegará pola noite. A partir das 22.00 horas dará comezo a X Festa da Panceta, na que se repartirán arredor de 60 quilos deste produto, acompañado de pan e viño do país. A comida será gratuíta e non haberá venda de tíckets, xa que se servirá ata esgotar existencias. Para contribuir economicamente coa festa, a comisión terá á venda xerras e tazas, que se entregarán xa co viño incluído. O resto das consumicións deberán aboarse no servizo de bar, que estará atendido pola propia comisión.
A verbena contará coas actuacións musicais dos dúos Cristina e Lucía e D13. Ademais, haberá rifas á venda e celebrarase un sorteo presencial durante a noite.
Desde a organización sinalan que, en caso de choiva, haberá campo cuberto con carpa. E tamén se instalará no recinto un inchable de balde para a cativada.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal