Romaría
Escuadro programa tres días de festa na honra da Santa Isabel

Procesión da romería do ano pasado. / Cedida
Redacción
A parroquia de Escuadro celebrará entre o sábado 27 de xuño e o domingo 5 de xullo a tradicional romaría de Santa Isabel, unha das citas relixiosas e populares máis agardadas da contorna. O programa comezará co solemne novenario, que se desenvolverá cada tarde desde as 20:40 horas co rezo do rosario, confesións e, ás 21:00, novena, himno da santa e misa cantada.
A festa das vésperas será o mércores 1 de xullo. Ese día celebraranse os actos habituais da novena e, ao remate, actuará o grupo tradicional O Son da Fervenza de Escuadro, que poñerá a nota musical á primeira das grandes xornadas festivas.
O xoves 2 celebrarase a festa da Visitación da Virxe María a Santa Isabel, con misas rezadas desde as 8:30 horas e a solemne ás 13:00, cantada polo coro parroquial de Escuadro. Despois sairá a procesión e realizarase o paso por debaixo da imaxe das santas. A Banda de Música Artística de Merza amenizará a celebración durante todo o día.
A gran romaría do domingo 5 repetirá misas desde as 8:30 horas e a solemne ás 13:00, procesión e despedida aos romeiros pola tarde. Tocarán as bandas Recreativa e Cultural de Bandeira e a Municipal de Silleda.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Cierran tres negocios de Frutas Nieves en Vigo por el desahucio de un franquiciado, una situación inédita en sus más de 40 años
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- Trescientos pacientes del Chuvi reciben los primeros fármacos específicos para combatir las migrañas
- Gran espacio para aparcar, pero todavía sin limpiar
- «La dieta y el ejercicio son fundamentales en la menopausia y, para las que aun así tienen síntomas, hay tratamientos»
- María Corina Machado, de boda en Vigo
- La Asociación de Veciños de Tirán se posiciona contra la residencia de mayores de Moaña en O Carrachal