Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria local

Diego Frade presenta o domingo 28 de xuño o seu libro sobre Ponte

Diego Frade Amil.

Diego Frade Amil.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Silleda

Diego Frade Amil presentará o domingo 28 de xuño o seu libro Ponte. Unha historia a carón do Deza. O acto terá lugar ás 12.00 horas no local social da mencionada parroquia de Silleda.

O volume permite achegarse á evolución de Ponte desde as súas orixes, a través de acontecementos, persoas, lugares e formas de vida que foron dando forma á parroquia. Canda o autor intervirán Mónica González Conde, concelleira de Cultura de Silleda; Xoán Carlos García Porral, autor do limiar; Luis Galego García, párroco; e Xan Salgueiro, xornalista e veciño de Ponte.

Tracking Pixel Contents