Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria histórica

Unha lauda para recordar a Manuela García e a Otilia Fernández

Unha das veciñas. |

Unha das veciñas. |

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Cerdedo Cotobade

O Colectivo Capitán Gosende convoca para o vindeiro domingo, a partir das 11.30 horas, un acto no Campo das Laudas co obxectivo de “puxar pola pedra” en memoria das veciñas de Quireza Otilia Fernández Ovelleiro e Manuela García Castro, ambas vítimas da represión fascista no concello de Cerdedo.

O anunciado evento incluirá o fincado do monólito conmemorativo, tras o cal se procederá á súa inauguración oficial. A iniciativa enmárcase nos actos de recuperación da memoria histórica promovidos polo colectivo, que buscan recoñecer e dignificar ás persoas represaliadas durante o período da violencia franquista.

Unha vez finalizada a cerimonia de homenaxe, as persoas asistentes están convidadas a participar nun xantar de irmandade en Forcarei.

Tracking Pixel Contents