Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Literatura

Iria Collazo recolle o premio García Barros este venres no Principal

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

A Estrada

O Teatro Principal da Estrada acollerá este venres, ás 20.30 horas, a entrega do XXXVIII Premio de Novela Manuel García Barros, un dos galardóns literarios de maior prestixio das letras galegas. No acto, aberto ao público, a escritora e profesora Iria Collazo López incorporarse oficialmente á nómina de gañadores e recibirá a distinción.

As persoas asistentes recibirán ademais un exemplar da novela premiada, publicada por Editorial Galaxia baixo o título A muller de mentira. A obra, presentada ao certame co lema A espera. Dúas historias de amor, foi escollida entre as 19 propostas concorrentes.

Natural de Barro e afincada no Morrazo dende a infancia, Iria Collazo é licenciada en Filoloxía Galega e profesora de Secundaria. Entre as súas obras figuran Coma unha áncora, A soidade das medusas, Da casa queimada e Os mortos que amei.

TEMAS

Tracking Pixel Contents