Federación de Acordeonistas | Juan Ruibal Acordeonista
«O mundo do acordeón necesita unha estrutura común para poder medrar»
O músico estradense preside a Federación de Acordionistas Españoles, creada para impulsar o mundo do acordeón unindo forzas

Juan Ruibal no festival Lume na lareira de 2025. / FdV
A creación da Federación de Acordeonistas Españoles, a primeira federación de este ámbito, xa é unha realidade. Tras máis de seis meses de traballo e encontros celebrados en distintos puntos do país, Juan Ruibal, Honorio Andújar e Cristo Cristini Crucianelli impulsaron unha entidade pioneira que nace co obxectivo de unir o colectivo acordeonístico, dar visibilidade aos intérpretes e facilitar a organización de actividades e o acceso a recursos. Juan Ruibal, músico estradense cunha longa traxectoria como acordeonista, gaiteiro e frautista, é ademais impulsor do Encontro Folk Lume na Lareira e descendente dos históricos Airiños da Ulla. Agora convértese no primeiro presidente dunha federación única no seu ámbito en España.
Como naceu a idea de crear a primeira Federación Española de Acordeonistas?
A Federación nace dunha necesidade que levabamos tempo detectando. En toda España hai asociacións, encontros e festivais que fan un traballo enorme para manter vivo o mundo do acordeón, pero moitas veces atopan dificultades para medrar porque lles falta apoio, coordinación e unha estrutura común que os represente.
Decatámonos de que, se queriamos dar un paso adiante, necesitabamos unha entidade máis forte que puidese asesorar, unir esforzos e abrir portas a recursos e axudas ás que é moi difícil acceder traballando cada un pola súa conta. Tras meses de encontros en distintos puntos do país, puxemos en marcha o proxecto Honorio Andújar, Cristóf Kirchof e mais eu, asumindo eu a presidencia.
Estamos, daquela, ante unha entidade pioneira en España?
Si. É a primeira e a única. A diferenza é que as asociacións agrupan persoas físicas, mentres que a Federación integra asociacións para traballar conxuntamente e ofrecer servizos comúns aos seus membros.
Cantas asociacións forman parte xa da Federación?
Nestes momentos son nove e a previsión é seguir medrando nos próximos meses coa incorporación doutras entidades de distintos puntos de España. En Galicia xa están integradas Lume na Lareira, que tamén presido eu, e Acordeóns de Lalín.
Cales son os principais obxectivos desta Federación?
Queremos poñer o acordeón e o acordeonista no lugar que lles corresponde, dándolles maior visibilidade e recoñecemento. Tamén buscamos coordinar e divulgar a actividade acordeonística que se desenvolve en España, favorecer o intercambio entre músicos, ofrecer asesoramento e servizos aos federados e acceder a subvencións que permitan organizar eventos con máis estabilidade económica.
A Estrada, escenario nacional
Existe a posibilidade de que A Estrada acolla un evento de carácter estatal?
Si. Queremos organizar doce eventos anuais nas localidades das asociacións federadas. A Estrada podería ser unha delas e converterse nun punto de encontro para acordeonistas de toda España.
Que supón para vostede ser o primeiro presidente desta Federación?
Moitísimo traballo e unha enorme responsabilidade. Espero estar á altura e contribuír a deixar un proxecto sólido e ben asentado para que siga medrando no futuro.
Que mensaxe lle gustaría trasladar ao colectivo?
Que todo aquel que estea vinculado ao acordeón se anime a participar. Entre todos podemos conseguir que este instrumento e os seus intérpretes teñan o recoñecemento que merecen.
Suscríbete para seguir leyendo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Borja Iglesias: «Tras mi debut en el Mundial, Claudio me hizo llorar con su mensaje»
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña