Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Erea Rey Candidata do BNG á Alcaldía de Silleda nas eleccións de 2027

«Penso que o goberno local sería distinto neste mandato se fose un bipartito»

A actual voceira do BNG liderará de novo a lista deste partido nas eleccións de 2027 e asegura que «o feito de estar fiscalizando o labor do goberno local, un goberno en minoría, obriga a que se acometan moitas cousas que igual de non estarmos nós non se levarían a cabo»

Erea Rey, a actual portavoz e candidata, este venres na sede do partido con Xerardo Díaz.

Erea Rey, a actual portavoz e candidata, este venres na sede do partido con Xerardo Díaz. / Bernabé / Amanda Castro

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Silleda

Por que tomou a decisión de volver encabezar a lista?

Tomar a decisión foi un pouquiño máis fácil, porque coñezo cómo funciona todo e levo a experiencia destes 3 anos Queremos darlle unha continuidade a este traballo e imos a unhas municipais con todo.

A idea é conseguir un goberno en solitario, ainda que sexa quitándolle votos ao PSOE?  Ou nas locais o electorado non vota siglas?

É moi diferente, nós vímolo porque desde que chegamos pasamos por elección autonómicas, nacionais e europeas, e o voto vai variando moito. Si que vemos que o BNG foi conseguindo máis votos, pero en Silleda nas locais votan máis á persoa que a un partido. Quitarlle o voto ao PSOE? Nós queremos rascar votos de todos os lados, e que a xente nos vexa como unha opción de goberno.

De non gobernaren en solitario, podería haber un executivo de coalición co PSOE pero con máis peso do BNG, incluso gobernando vostede?

Teríamos que valoralo no momento. Queda un ano ata as eleccións, pasa moi rápido pero tamén poden ocorrer moitas cousas. Nós imos ir polo goberno total e despois, segundo a situación que se dea, tomaremos decisións.

Vostede cumpre 33 anos en outubro. Dá medo acceder a unha Alcaldía con esa idade?

A responsabilidade pesa con 30, 40 ou 50 anos. Si que é certo que o feito de ser unha persoa nova obriga a escoitar comentarios pola miña xuventude ou por non ter experiencia. Pero todos pasamos por esa fase de ser novatos nalgunha cuestión.

Fágame un balance destes máis de 3 anos da oposición do BNG e tamén do goberno do PSOE. Tería sido distinto cun executivo de coalición?

Si tería sido distinto se fose un bipartito. Estes 3 anos traballamos moito desde a nosa oposición, estivemos coa xente, levando propostas das que algunhas foron aceptadas. O feito de estar fiscalizando o labor do goberno local, un goberno en minoría, obriga a que se acometan moitas cousas que igual de non estarmos nós non se levarían a cabo. Nós sempre defendemos estar presentes no rural, porque as parroquias están abandonadas, ou non ter que facer grandes obras. Houbo un cambio: agora o goberno si que vai máis ás parroquias, acomete as traídas de auga, asfalta, cambia os locales sociais… En canto ao resto da oposición (PP), nin está nin se lle espera.

Agora que menciona o PP, algunha vez dá a impresión de que BNG e PP fixeron pinza na concesión de crédito ou a aprobación do Plan Económico Financeiro. Tamén é certo que é a única opción cando se da un goberno en minoría, como ocorre en Vila de Cruces.

Sempre se nos acusa diso, pero para nós non é facer pinza, nós sempre argumentamos a nosa postura e ao mesmo tempo propoñemos unha alternativa. E tamén lle facemos as críticas necesarias ao PP, xa que esta formación goberna na Deputación e na Xunta, e podería aportar moito a Silleda pero non se lle ve. Ás veces facemos propostas tan simples que por iso o PP nos apoia. O que non podemos crear é un ambiente de crispación entre os veciños.

Existe esa crispación?

Dalgunha maneira si, porque ás veces desde o goberno local téntase dar esa imaxe de nós. E non se pode facer iso, porque a xente vaise descolgar da política. Antes mencionábasme o tema da idade, e pasa co feito de ser muller.

Estame dicindo que ainda quedan tópicos de xénero nun concello pioneiro, no que a maioría dos edís do goberno e da corporación son mulleres?

Eu tamén cría que xa non existían eses prexuizos. Eu son dunha xeneración máis nova que a túa, pero sempre te atopas con esas cousas. A xente ainda percibe as cousas de dstintas maneira segundo as diga unha muller ou un home.

A súa entrada e máis a de Xerardo Díaz cambiou a forma de comunicación coa veciñanza, empregando máis vídeos e redes sociais. Funciona para chegar á xente nova?

Ao sermos só dous non temos forma de chegar á veciñanza, porque as redes do Concello teñen un abano máis amplo. Plantexámonos no seu momento como podíamos chegar á xente e a persoas que non len a prensa de forma asidua. Empezamos a facer videos e co auxe das redes sociais a verdade é que nos funcionan moi ben, vemos que vai creando unha comunidade. Non é o mesmo que eu conte un discurso de 15 minutos, no que o públiuco se vai aburrir e igual non percibe todo o que teño que contarlle. Cos vídeos tamén tentamos que ademais á xente lle volva gustar a política.

E non teñen recibido críticas por vídeos polémicos como as cruces onda as acacias que había que talar na rúa Progreso, ou o da falta de limpeza nas beirarrúas?

Non se trata de ir ao morboso, pode haber xente á que non lle goste a nosa ironía. Tamén hai temas que aceptan menos humor porque son cuestións máis serias, porque a política é unha cousa seria. De onde recibimos máis críticas, ao mellor, é por parte do goberno, que nos acusa de facer “vídeos chorra”. Son vídeos chorra, pero funcionan. E agora o PSOE tamén fai vídeos, porque axudan á xente a saber qué ocorre no pobo. E ademais, publicamos un boletín e agora facemos reunións en cada parroquia porque hai xente maior que tampouco emprega as redes sociais. Recollemos as súas demandas e remitimoslles un folleto cando as elevamos ao Concello.

Mudará moito o seu programa electoral en comparación co de 2023?

O programa electoral egue en vigor, pero si que queremos darlle un cambio con ideas que foron xurdindo nestes 3 anos. Por exemplo, á área cultural pódeselle sacar moito máis partido. Están moi ben Carboeiro ou as Fervenzas doToxa, pero Silleda podería ter ademais rutas de patrimonio industrial, dos muiños ou potenciar a do románico. No anterior programa levabamos unha proposta de transporte en bus ou en taxi para vir desde as aldeas á vila. Igual hai que facer efectiva esta mobilidade.

Xa para rematar, nestes anos estase a notar no Parlamento a existencia do Deza grazas ao traballo da lalinense Ariadna Fernández.

Foi un cambio total e absoluto. Ela está coa xente, coméntaslle necesidades ou carencias do centro médico, da escola da rede A Galiña Azul ou da estrada a Cruces… e sabes que estas cousas van chegar ao Parlamento. O resultado máis grande aquí en Silleda foi a volta das dúas esculturas do pórtico de Carboeiro, que están en Santiago e non aquí, vale, pero porque en Carboeiro non hai un proxecto de musealización.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents