Rosalía Agra, entre as dez mellores notas da PAU en Galicia: «Non esperaba este resultado, síntome moi feliz e orgullosa»
«En Selectividade non necesitaba unha nota alta, pero quería que se vise o meu esforzo de todo o ano»

A estudante Rosalía Otero. / Cedida
Cun 9,75 na fase xeral, a silledense Rosalía Agra Otero sitúase entre as dez mellores notas da PAU (Proba de Acceso á Universidade) de toda Galicia. Concretamente, esta moza alumna do IES Pintor Colmeiro acadou a oitava posición, destacando entre un total de 13.411 estudantes galegos que este ano se presentaron á comumente coñecida como Selectividade. Nunha conversa con FARO, a moza comparte as súas sensacións tras coñecer a feliz nova, os seus plans de futuro e os segredos para conseguir uns resultados de matrícula.
Cóntenos, como se sinte despois de saber que ten unha das mellores notas de Galicia?
Sorprendida, feliz e moi orgullosa e arroupada por todos.
Non agardaba este resultado?
A verdade é que non. Para o grao que eu quero cursar non fai falta unha media alta. De feito, a nota de corte está nun 5,1. Por iso, aínda que me esforcei para facelo ben, ía con menos presión e non pensei que fose conseguir esta cualificación.
Entón, xa sabe o que quere estudar o ano que vén?
Si, téñoo claro. Vou facer Filoloxía Inglesa co minor en galego. Esta nota ábreme as portas a outras carreiras, pero tanto os profesores como a miña familia me animan a que faga o que me gusta, así que non vou cambiar de opinión.
E díganos, como foron eses días de exame durante a Selectividade?
Pois o certo é que estaba máis nerviosa do que pensaba que ía estar. Como dicía antes, eu non tiña a presión que podían ter outros compañeiros que necesitaban unha nota alta para entrar no que querían, pero si que desexaba que se reflectise nos resultados todo o meu esforzo non só preparando a PAU senón durante todo o curso. Por sorte, xa estaba acostumada ao formato, xa que durante a miña estadía en Canadá en primeiro de bacharelato seguíase un sistema semellante. Así que cando cheguei ao primeiro exame, o de Lingua Castelá, e vin que saía contenta, xa o fun levando moito mellor.
Este ano houbo algún que outro erro nos exames, viuse afectada?
Non, afortunadamente. Pero síntoo moito polos compañeiros que si o sufriron. Todos eses fallos xeraron moita tensión en todos, e hai que ter en conta que teñen todo o ano para preparar os exames. Lamento que houbese situacións deste tipo, que perfectamente se puideron ter evitado.
E o último día? Cales foron as sensacións tras entregar a última proba?
Puro alivio. O meu último exame foi Latín, e saímos todos contentos porque entraron bastantes cousas que tiñamos ben aprendidas. Recordo que estaba miña nai fóra esperando, e a sensación ao saber que xa estaba libre foi moi satisfactoria.
Imaxino que o celebraría...
Por suposto. Tanto os meus compañeiros coma min fomos a un festival que había en Santiago con artistas actuais e pasámolo xenial. Foi un moi bo día en xeral.
Pode compartir con nós o seu método de estudo preparándose para a PAU?
Pois nada máis rematar as clases fixen un calendario en función do temario e das materias que tiña. Non sempre podía cumprilo, pero o importante penso que é estudar todos os días, tanto de mañá como de tarde. Eu púxenme a full desde o principio, e ao final vas ben preparado.
Agora si, acabouse o estudo e queda todo un verán por diante, sabe como vai celebralo?
Si, para min o principal é descansar, ir á praia e, se podo, ir de viaxe a Canadá. Tamén tocarei coa Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, e pouco máis.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de vecinos
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas