Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Abre o prazo

O Concello destina 9.300 euros en axudas para coletivos culturais

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

redacción

Lalín

O Concello de Lalín abre este mércores o prazo para solicitar as axudas destinadas á realización de actividades culturais durante o ano 2026. A convocatoria permanecerá aberta durante 20 días naturais, ata o 29 de xuño. A administración local reserva para esta liña de subvencións 9.300 euros.

As axudas están dirixidas a asociacións culturais, asociacións veciñais e colectivos sen ánimo de lucro que promovan programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente consideradas de interese sociocultural para o Concello e abertas á poboación en xeral. Tamén poderán optar entidades que desenvolvan accións formativas para persoas con necesidades especiais, así como as Anpas dos centros públicos de ensino e dos conservatorios de titularidade pública. Entre as actividades subvencionables figuran viaxes culturais, música, danza, literatura, audiovisuais, pintura, homenaxes, encontros, exposicións, obradoiros, conferencias ou xornadas Tamén se inclúen festas de carácter etnográfico ou con valor histórico-cultural.

Quedan excluídas, entre outras, as actividades xa financiadas por outras convocatorias ou convenios municipais, as promovidas por asociacións de mulleres, bandas de música ou clubs deportivos, eventos gastronómicos, os xantares, as publicacións particulares ou as actividades sen acceso público. As entidades solicitantes deberán estar legalmente constituídas, ter domicilio social en Lalín, figurar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, carecer de ánimo de lucro, desenvolver a súa actividade en Lalín e estar ao corrente das súas obrigas tributarias.

O importe máximo será de 1.000 euros e a subvención non poderá superar o 80 % do orzamento presentado. Serán subvencionables as actividades realizadas e pagadas entre o 1 de decembro de 2025 e o 14 de novembro deste ano e presentaranse por vía telemática.

Tracking Pixel Contents