Cultura popular
As cabezudas de Botos fan camiño en Neda
A Asociación Veciñal e Cultural O Redondelo participou no I Encontro de Xigantes e Cabezudas de Neda, unha cita que reuniu agrupacións de distintos puntos de Galicia e na que tamén tivo protagonismo o artesán lalinense Luchi Iglesias

Comitiva de Lalín desprazada a Neda. / Cedida

A tradición das cabezudas de Botos segue a medrar e a abrir camiño fóra de Lalín. A Asociación Veciñal e Cultural O Redondelo participou esta fin de semana no I Encontro de Xigantes e Cabezudas de Neda, unha cita organizada pola Asociación A Piruchela que reuniu agrupacións, creadores e amantes dunha das expresións máis vistosas da cultura popular galega.

Cabezudas con Don Cocho. / Cedida
A presenza lalinense tivo un papel destacado desde o inicio da xornada. O pregón correu a cargo de Luchi Iglesias, artesán e artista de Lalín cunha ampla traxectoria no mundo dos xigantes e cabezudas. Ademais de pronunciar o discurso inaugural, Iglesias colaborou activamente no encontro coa achega de varias das súas creacións e coa participación nunha exposición aberta ao público, que espertou un notable interese entre a veciñanza de Neda.
A actividade trasladouse pola tarde ás rúas da vila, que se encheron de cor, música e animación cun desfile de xigantes e cabezudas. No percorrido participaron tamén as figuras levadas por O Redondelo de Botos, que chamaron a atención dos asistentes e serviron para dar a coñecer o traballo que a entidade vén desenvolvendo arredor desta tradición festiva.
Desde a asociación lalinense destacan a boa acollida recibida e agradecen o labor da Asociación A Piruchela na organización deste primeiro encontro. A cita permitiu compartir experiencias con outras agrupacións e contribuíu a poñer en valor un patrimonio popular no que se mesturan creatividade, memoria comunitaria e participación veciñal.
O Redondelo continúa agora traballando en novos proxectos vinculados ao universo das cabezudas. A entidade ten en marcha a creación de novas figuras sorpresa en colaboración con Anxo Basterra, de Viravolta Títeres, co obxectivo de seguir ampliando o seu patrimonio festivo e cultural. Ademais, a asociación xa conta con varias datas na súa axenda para os próximos meses, nas que continuará levando as súas creacións a diferentes eventos e celebracións.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de vecinos
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas