Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Divulgación educativa

Ciencia a pé de rúa en Silleda

A Feira de Ciencias do IES Pintor Colmeiro deu este venres o salto á rúa por primeira vez, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. A Praza Siñor Afranio de Silleda converteuse nun laboratorio aberto no que o alumnado compartiu experimentos, robótica, meteoroloxía, xogos matemáticos e proxectos sobre flora local e sustentabilidade

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Silleda

A ciencia saíu das aulas do Pintor Colmeiro e instalouse no corazón de Silleda. A cuarta edición da Feira de Ciencias celebrouse este venres na Praza Siñor Afranio, diante da casa consistorial, onde o instituto trasladou por primeira vez unha cita que ata agora medrara no centro.

A profesora Marta Aguirre, creadora da iniciativa, lembra que o proxecto naceu con dimensións máis modestas. «É a cuarta edición, as tres primeiras foran no centro educativo. Empezamos con pequenos postos e pouco a pouco foi medrando, porque foron incorporándose máis departamentos», explica. Ese crecemento fixo que a feira gañase diversidade.

En Silleda, a ciencia sae á rúa

XPonte

O programa reuniu propostas de ciencia, natureza, matemáticas, sustentabilidade e innovación. O público puido achegarse a Flora Colmérica, proxecto premiado arredor da flora do instituto; coñecer Meteocolmeiro e instrumentos como o anemómetro ou o barómetro; participar en xogos matemáticos; descubrir as 5 R’s con Colmeiriño; ou probar a realidade virtual e o brazo robótico dos Polos Creativos.

Tamén houbo espazo para un concurso tecnolóxico, para a construción das cúpulas de Leonardo da Vinci en Leonardízate e para os experimentos do Club de Ciencia Colmeiro, con propostas tan vistosas como pasta de elefantes, bombas de xabón ou despegue de motores.

O salto á rúa xurdiu, segundo Aguirre, tras a visita institucional da pasada edición. «O ano pasado xa fora máis grande, con diversos postos, ademais dos experimentos científicos. Fórannos visitar a alcaldesa e concelleiros e propuxérannos sacalos á rúa, e decidimos facelo hoxe, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente», sinala. A colaboración do Concello permitiu converter a praza nun escaparate educativo no que o alumnado explicou e compartiu o aprendido.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents