A historia esquecida
A loita eterna de García Barros
«É como se no mural da Rapa das Bestas lle poñen de fondo un parque eólico». Desta forma tan explícita resume o historiador Xoán Carlos Garrido a afrenta do mural co que A Estrada quixo homenaxear a Manuel García Barros, unha imaxe na que quedará para sempre rodeado por dous dos seus «inimigos»

Manuel García Barros, entre a imaxe da igrexa e do consistorio estradense. | L.D.
Os dous murais cos que o Concello da Estrada decidiu vestir dúas das fachadas máis significativas do casco urbano están dando moito que falar, e para ben. Despois da boa acollida que recibiu o mural sobre a Rapa das Bestas, agora tócalle a quenda ao mural dedicado a Manuel García Barros «Kenkeirades». A figura elixida non é casual neste muro situado á entrada do Teatro Principal e coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento.
Ata aquí todo semella en orde, ata que almorzamos coas queixas do historiador de Callobre Carlos Loureiro xunto cunha foto do novo mural. «Coido que, se se ergue, non cobra vida, senón que a volve perder», escribe o mestre nas redes.
Para entender o motivo desta queixa acudimos ao mural, onde o primeiro que nos chama a atención é a presenza de dúas groupies de avanzada idade que están sacando fotos ao resignado artista que posa para elas diante do debuxo spray en alto. Pablo Loyola segue despois a dar os últimos retoques a esta parte do mural, antes de saltar ao seguinte espazo, onde comeza a perfilar o que serán unhas vistas da praza do Pazo de Oca e tamén da ponte de Pontevea, dous lugares senlleiros do concello.
O problema, sen embargo, non está nesa parte, senón na que xa está finalizada. A figura central e protagonista é a de Manuel García Barros, escritor, xornalista e intelectual estradense nacido o 16 de novembro de 1876 en Callobre. Trátase dunha imaxe habitual de Kenkeirades, cun traxe elegante —alguén nos apunta mentres ollamos o mural que parece un Peaky Blinder— e coa súa habitual gorra ou boina —non con chapeu, como aparece nalgunhas imaxes dos seus últimos anos de vida—.
Ata aquí todo segue normal, ata que miramos as dúas «torres» que flanquean o noso recoñecido escritor. Dun lado está a igrexa parroquial de San Paio, unha presenza ante a que só podemos suspirar. «O pobre home terá que pasar toda a súa vida ao pé dunha igrexa», lamenta Carlos Loureiro, un dos maiores historiadores da vida e obra de Kenkeirades, ao falar dun home coñecido polo seu anticlericalismo.
Desta faceta fálanos outro mestre e historiador que coñece ben ao protagonista do mural, Xoán Carlos Garrido, quen escribiu o libro «Manuel García Barros, loitando sempre». Segundo recorda, o de Callobre foi un home relixioso ata a chegada da Guerra Civil, cando a Igrexa decidiu tomar partido cunha carta conxunta bendicindo o bando «nacional». O cardeal Gomá bautizou no seu día este movemento como «Cruzada Nacional». Nese momento, os republicanos souberon en que bando loitaba Deus, unha afronta que Manuel García Barros nunca perdoou.
Naqueles anos, no seu improvisado taller literario clandestino, Kenkeirades comezou a facer copias en papel carbón de obras prohibidas —de escritores como Voltaire, Rousseau ou Diderot— e de ensaios seus nos que se apoiaban a razón e o progreso. Esa clandestina loita contra a Igrexa choca agora co fondo que se decidiu dar á súa homenaxe, «xusto acompañado do monumento que mellor o identifica», bromea Loureiro.
Do outro lado do mural, sen embargo, o conxunto termina de descoserse. Alí atopamos o consistorio estradense, cuxas obras obrigaron no seu día a poñer un imposto aos veciños para sufragar os gastos. Esa situación acabou provocando mobilizacións por parte do movemento agrarista na Estrada, chegando incluso a boicotear o comercio da vila durante un mes. Adiviñan quen estaba nun posto de relevancia nese momento? Si, García Barros.
«A política cultural da Estrada é un desastre. Xa non me sorprende nada», lamenta Garrido. «Antes de facer algo así, hai que informarse ben», engade Loureiro.
As súas verbas quedan recollidas nesta queixa, aínda que temo que García Barros terá que seguir sorrindo eternamente co bufar dos seus muíños ás súas costas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho