Facer comunidade
Da iniciativa de dous adolescentes a unha festa de tradición
Son xa case dúas décadas dende que José Manuel Loureiro e Pablo Tosar, dous adolescentes, decidiron xuntar por primeira vez aos veciños da Cañoteira por San Xoán

Unha das primeiras edicións. | N.C.
Da iniciativa de dous adolescentes hai case dúas décadas, a unha asociación con 30 membros e unha cita que xa sobrepasa ampliamente o centenar de asistentes. O San Xoán da Cañoteira, en A Estrada, é un dos máis asentados no calendario festivo para celebrar o solsticio de verán na noite do 23 de xuño no casco urbano. Outros apareceron e fóronse, outros comezan a súa andadura e vanse facendo un oco, como é o caso do da rúa do Muiño. En cambio, este mantívose estable dende o seu comezo ata agora, crecendo ano tras ano.

José Manuel Loureiro, un dos propulsores, co cartel deste ano. | CEDIDA
O seu inicio non é o esperado. Foron dous amigos de 24 e 17 anos, José Manuel Loureiro Martínez e Pablo Tosar Fragio, quenes chegaron á conclusión de que estaría ben xuntar aos veciños para cear en San Xoán. «Ao comezo falámolo nós, era unha cousa pequena, na que só viñan os veciños da Cañoteira, pero despois foi collendo máis dimensión», cóntanos Loureiro.

Os veciños preparando o churrasco cando non había catering. | CEDIDA
De feito, lembran que inicialmente a cea, que consistía en churrasco que preparaban os propios veciños, celebrábase nunha finca cedida, baixo unha carpa que xeneralmente estaba financiada polo Concello. Porén, a medida que a iniciativa foi medrando, tamén incrementou a sofisticación á hora de organizarse. «Antes cada un traía algo, repartiamos as tarefas e uns facían o churrasco, outros traían o postre... pero o ano pasado decidimos contratar o catering con Valenciaga para alixeirar o traballo, e estamos moi contentos», comenta un dos propulsores da festa.

A finca na que se celebraba o evento inicialmente. | CEDIDA
Neste sentido, Loureiro explica que tamén acabou por constituirse unha asociación, a do San Xoán da Cañoteira, que agora suma unha trintena de socios, e que busca unha maior diversificación de actividades no futuro. «Gustaríanos contar cun local social para organizar obradoiros e outro tipo de eventos que nos axude a xerar máis sentimento de comunidade», relata.
Por outra banda, se ben houbo momentos nos que tanto el como os seus compañeiros do comité organizativo pensaron en tirar a toalla, o que os empuxou a seguir foi o sentimento de satistación ao ver reunida a tanta xente. «Para min o San Xoán é unha das mellores festas, vén xusto antes do San Paio e o verán, por iso me gustaría que durase moitos anos», confesa o estradense, que engade: «Por sorte vemos que hai moita xente nova que se suma a nós, así que espero que haxa relevo xeneracional». De momento, os tickets para esta edición poden retirarse xa enTaller Benigno ou Eva Shoes. Tamén chamando ao 626798975.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho
- Huida temeraria en Moaña: un conductor circula por dirección prohibida a más de 110 km/h para evitar un control e intenta sacar de la carretera a la Policía Local