Entrevista | María Peinado Autora da obra "Maseira" co que obtivo o VIII Premio Laudamuco para textos teatrais
«A comedia ten implícita esa liberdade de falar das cousas sen ningún tipo de rodeo»
«Nesta profesión moitas outras veces para ter traballo trátase de que se acorden de ti, de que collan o teléfono e de que te chamen»

María Peinado e o seu libro "Maseira" nos salóns do Café Camilo de Lalín / Bernabé / Javier Lalín
A Sala Moderno do Café Camilo acollerá este venres, ás 20.30 horas, a presentación de «Maseira», a obra coa que María Peinado obtivo o VIII Premio Laudamuco para textos teatrais. A cita combinará literatura, lectura dramatizada e música para achegar ao público un dos textos máis singulares da dramaturxia galega recente. A presentación contará coa participación da autora e de Francisco Macías, de Edicións Positivas, nun acto organizado por Libraría Álvarez e Edicións Positivas.
Sabendo que «Maseira» naceu dunha pregunta complexa da súa filla máis vella sobre por que existen as guerras e por que non rematan, como foi ese proceso de transformar unha dúbida infantil tan profunda nunha peza teatral?
No contexto no que estamos ao final os nenos tamén están expostos. A miña nena maior ten catro anos e un día chegou do cole, supoño por algo que vería alí, preguntándome que era a guerra e porqué non se remataban. Eu tentando darlle resposta a ela dinme conta de que eu mesma non era quen de contestar á pregunta dun xeito satisfactorio. Púxeme a escribir «Maseira» un pouco como vía de escape ao todo o que temos perto de nós.
Seu texto presentouse baixo o pseudónimo de Shelley Duvall, a icónica actriz de «The Shining». Que agocha esta escolla e que supón para ti a nivel persoal ou artístico?
Primeiro porque me encanta como actriz e tamén paréceme unha muller admirable na súa traxectoria. E despois tamén porque o propio texto ten referencias a películas de Stanley Kubrick. Eu son moi cinéfila e Kubrick é un director que me encanta. Hai un momento na obra na que se fai refrencia á pelicula «O Resplandor», na que ela é a protagonista, e a hora de poñer o pseudónimo decanteime polo seu nome e ademais por elexir un pseudónimo feminino, que é algo que moitas me plantexo de facelo ou non. Neste caso decidín poñer o pseudónimo de Shelley Duvall e con ese me presentei.
O xurado do Premio Laudamuco destacou a súa capacidade para tratar un tema tan devastador como a guerra sen caer no dogmatismo, usando un estilo propio, fresco e envolvente. Por qué o absurdo é ás veces a mellor canle para falar da crúa realidade humana?
A comedia ten implícita esa liberdade de poder falar das cousas sen ningún tipo de rodeo e de levar as cousas tamén ao extremo. Ao final é unha maneira de canalizar as cousas dende un sitio que non é tortuoso. Xa nos chega co drama todo que temos, entón a comedia é unha maneira de filtrar ese drama, de seguir a contar as cousas. A obra ten un pouso antibelicista, pero está contada dende un sitio que eu penso co que é máis fácil conectar. Tamén para o lector ou para o espectador é un sitio no que todos conectamos con máis facilidade.
A peza sitúase no municipio de Lalín. Como dialoga ese «Quilómetro Cero» de Galicia e elementos tan locais como a importancia do porco coa dimensión internacional e global dun conflito bélico?
Sitúase en Lalín, pero realmente podería desenrrolarse en calquera parte. Ao final, que sexa algo tan local desprende esa mensaxe de que da igual que vivamos en Lalín, Madrid ou Nova York porque os conflictos bélicos salpícannos a todos e deberían importarnos a todos. As personaxes da peza parece que viven durante un tempo evadidos da realidade bélico pero ao final chega a onde eles están e mesmo suliñan que a apocalipse chéganos a todos.
E a segunda muller en gañar este certame en toda a súa historia (seguindo os pasos de Paula Carballeira no 2022). Que impacto agarda que teña este galardón á hora de visibilizar o traballo das dramaturgas contemporáneas en Galicia?
Pois para min é un paso importantísimo. Son a segunda muller en levar o premio, pero si que espero que serva para face fincapé en que estamos aquí igual que os homes dramaturgos. En esta profesión moitas outras veces para ter traballo trátase de que se acorden de ti, de que collan o teléfono e de que te chamen. É certo que nese sentido as mulleres aínda estamos por desgraza un paso atrás dos homes. Espero que sirva para que empecemos a dicir os nosos nomes con maiúsculas e se non considere en igualdade de condicións.
Despois de acadar dous Premios María Casares e agora o Laudamuco co que moitos consideran xa unha peza histórica do noso teatro, cal é a seguinte historia ou a seguinte pregunta incómoda que lle ronda a cabeza para levar á escrita?
Agora mesmo ando aí dándolle voltas a un texto inspirado no papel tamén secundario que ocupan as mulleres na historia da arte, e como os nomes das artistas femeninas moitas veces fican no olvido.
Suscríbete para seguir leyendo
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho
- El Concello de Vigo veta la celebración de conciertos en la terraza de A Laxe por ser «bien patrimonial» de Zona Franca
- Ya son trece las playas de la provincia de Pontevedra a las que podrás acudir este finde para refrescarte con tu perro
- Cangas se opone a los dos campamentos de turismo en O Hío, respalda las alegaciones vecinales y tiene constancia de un tercer proyecto
- Muere un motorista en Redondela