Noite de San Xoán
¿No pobo xa non se salta a fogueira?
Só a celebración da Cañoteira queda viva no casco urbano da Estrada para recibir o solsciticio de verán. Cos anos, iniciativas veciñales e mesmo municipais foron desaparecendo, e o pasado 2025 tan só este vecindario mantivo o espírito da noite máis máxica do ano. O mesmo acontece este ano, ante a ausencia doutros carteis

Unha das edicións do San Xoán no Teatro Principal, dentro do programa do San Paio. | BERNABÉ/ JAVIER LALÍN
A noite de San Xoán é máxica. Iso di o imaxinario galego. Hai todo un misticismo arredor desta celebración que na meirande parte dos fogares –aínda que especialmente no rural– se leva a cabo cada 23 de xuño. Dende a recollida das herbas coas que, tras repousar en auga toda a noite e coller o rocío da mañá, nos lavamos a cara ao día seguinte para purificarnos, ata saltar os lumeiros ao berro de ‘meigas fóra’, pasando polas sardiñadas, a foliada e a festa.
En cambio, ademais de todas estas tradicións que envolven o solsticio de verán, hai algo que outorga á data un carácter aínda máis especial, se cabe. É unha noite para xerar comunidade. Aldeas, familias, grupos de amigos e veciños xúntanse, quizais por primeira e única vez en todo o ano, para pechar un ciclo e abrir outro con enerxías renovadas.
É precisamente este espírito o que facía que no pasado moitas rúas se enchesen de mesas, lume e cheiro a brasa dende as últimas horas da tarde ata ben pasada a medianoite. En A Estrada vila estaban as citas de Figueiroa, das Casas Baratas, da Cañoteira e mesmo durante uns anos, sardiñada e troula a cargo do Concello.
Actualmente ese afán por xuntarse parece estar desaparecendo na contorna urbana, deixando as citas máis representativas para o rural, aínda que mesmo estas minguan co paso do tempo. Concretamente, tanto no 2025 como este ano só celebraron esta noite de San Xoán os veciños da Cañoteira. Uns días antes a Zona dos Viños tivera a iniciativa de repartir sardiñas coas consumicións nos locais destas dúas rúas, pero na propia efeméride o silencio e a tranquilidade era o que reinaban no centro do pobo pasadas as 24.00 horas.
Así, os que desexan desfrutar desta noite non teñen moita máis opción que desprazarse a algunha das convocatorias das parroquias. Ata agora, a máis popular era a do Areal de Berres, aínda que xa anunciou que se despide este ano. A maiores, quedaría Callobre, que inaugura un novo formato con cea popular a prezos democráticos e verbena ata a madrugada. E xa cun perfil máis baixo, están as xuntanzas como a de Cereixo ou Tabeirós. Polo menos, que se anunciasen ata o de agora.
Dende A Cañoteira explican que levan 25 anos organizando esta festa, e que cada vez son máis os que se anotan, completamente alleos ao vecindario. Quizais agora non haxa tanta xente para que convivan diferentes iniciativas na mesma superficie urbana. Porén, non deixa de resultar chamativo como pouco a pouco o individualismo, o envellecemento e a falta de relevo medran máis O concepto de barrio difumínase, os momentos de comunidade, especialmente os que xorden dos propios veciños, son cada vez menores, e nin a maxia de San Xoán é xa quen de seducir.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Irlanda certifica que los parques eólicos pueden «convivir» con nasas o palangre pero lo descarta con redes de arrastre
- Radiografía de los centros comerciales de Vigo: entre la plena ocupación y la reinvención para buscar un punto de inflexión
- Un juez de Vigo da la razón a una vecina y anula una sanción por cambio de uso de trastero a vivienda sin licencia