Divulgación educativa
A Feira de Ciencias do Colmeiro sairá por primeira vez á rúa en Silleda
Proxectos premiados sobre flora local e un programa de meteoescolas son algunhas das atraccións da cuarta edición de cita científica, que terá lugar este venres na Praza Siñor Afranio

Tercera edición de la feria, celebrada hace un año en el propio instituto. / Cedida

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro celebrará este venres, 5 de xuño, a súa IV Feira de Ciencias, unha cita que nesta edición terá como principal novidade a súa saída á rúa por primeira vez. A actividade desenvolverase na praza Siñor Afranio, diante do Concello de Silleda, en horario de 9.30 a 13.30 horas.
A feira reunirá diferentes postos e propostas divulgativas arredor da ciencia, a tecnoloxía, a natureza, as matemáticas, a sustentabilidade e a experimentación, coa participación de alumnado e profesorado do centro. A iniciativa conta coa colaboración do Concello y busca achegar á veciñanza o traballo desenvolvido ao longo do curso nas aulas e nos distintos programas educativos do instituto.
Entre as actividades previstas estará Flora Colmérica, coordinada por Norma Rodríguez. Trátase dun proxecto integrado do centro arredor da flora existente no propio IES, que foi premiado no XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar da Consellería. O posto permitirá dar a coñecer este traballo de observación, identificación e divulgación do patrimonio natural do centro.
Tamén se presentará Meteocolmeiro, coordinado por Javier Fondevila e integrado no programa de meteoescolas. Neste espazo explicaranse conceptos vinculados á meteoroloxía, como as isóbaras, e o funcionamento de instrumentos como o anemómetro ou o barómetro. Ademais, incluirá unha sección especial dedicada ao eclipse.
As matemáticas terán presenza a través dun posto de xogos matemáticos, coordinado por Nadiuska Alemparte, no que o alumnado poderá participar en xogos, resolver retos e optar a algún premio. Pola súa banda, a sustentabilidade será o eixo da proposta 5 R’s co IES Pintor Colmeiro, coordinada por Manuela Posse. Nesta actividade, alumnado de Economía de 4º da ESO dará a coñecer a Colmeiriño, un personaxe que axudará a explicar dunha forma cómica a importancia da reciclaxe.
A tecnoloxía e a innovación estarán representadas no posto de Polos Creativos, centrado nun brazo robótico e na realidade virtual. Coordinado por Javier Otero, este espazo permitirá coñecer o funcionamento do brazo robótico e o proceso seguido para construílo coas ferramentas de Polos Creativos. Tamén se poderá descubrir un museo virtual deseñado polo alumnado sobre as enerxías.
A feira incluirá ademais un concurso exposición de proxectos, coordinado por Isidro López, no que se poderá interactuar con proxectos de tecnoloxía e escoller o que máis guste. Outra das propostas será Leonardízate, coordinada por Javier Fondevila e Marta Aguirre, centrada na construción de distintas cúpulas de Leonardo da Vinci con pezas elaboradas polo alumnado.
O programa completarase cos experimentos científicos do Club de Ciencia Colmeiro, coordinados por Marta Aguirre. O alumnado levará a cabo nove experimentos sinxelos, entre eles pasta de elefantes, bombas de xabón ou despegue de motores.
Desde a organización destacan que a feira é posible grazas á colaboración do Concello de Silleda e ao traballo dos docentes e do alumnado participante.
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Giráldez rechazó al Athletic y al Villarreal
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Una ganadería de Rodeiro, entre las diez más productivas de vacuno frisón de toda España
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- El histórico ascenso de la Unión Deportiva Ourense a Primera RFEF garantiza un sueldo mínimo de 25.000 euros para 18 jugadores
- Veranear en Galicia se vuelve más caro otro año más: 2.500 euros en Sanxenxo, 1.350 en Nigrán o 900 euros en Cangas