A Bandeira
A Recreativa retoma ‘Música a Fartar’, que se celebrará o 27 de xuño
Levarase a cabo na Carballeira de Silva nunha xornada «para compartir, convivir e recuperar ese espírito festivo que fixo desta iniciativa algo diferente»

Pasarrúas no Música a Fartar, en 2019. | BERNABÉ

A localidae da Bandeira recuperará o 27 de xuño o evento Música a Fartar, iniciativa impulsada pola Banda de Música Recreativa e Cultural que regresa despois de varios anos sen celebrarse. A Carballeira de Silva volverá converterse así nun espazo de encontro para músicos, familias e veciñanza nunha xornada coa que a organización quere recuperar o espírito dunha celebración que deixou pegada en varias xeracións.
A cita, segundo destaca a organización, nunca foi unicamente un evento musical, senon durante anos unha xornada para chegar cedo e marchar tarde, compartir mesa e conversa, reencontrarse coa xente de sempre e vivir a música fóra do escenario, como un elemento de convivencia e identidade colectiva. Esa dimensión social explica que, malia o tempo transcorrido desde a súa última edición, o encontro seguise presente na memoria de moitas persoas e nas conversas que cada verán recuperaban a mesma pregunta
A Bandeira volverá acoller unha celebración pensada para compartir, convivir e recuperar unha iniciativa que a veciñanza sentía como propia. O regreso chega ademais nun momento especialmente ilusionante para a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, entidade cunha longa traxectoria na vida cultural da localidade e que leva décadas empregando a música como ferramenta para crear comunidade, transmitir cultura e fortalecer a identidade colectiva. A organización adianta que esta nova edición manterá intacta a esencia que fixo especial o evento, aínda que incorporará tamén novidades que se darán a coñecer nos próximos días. A intención é que Música a Fartar volva ser unha desas citas nas que a música serve de escusa para xuntar xeracións, abrir espazos de encontro e reforzar os vínculos arredor dunha tradición compartida.
En días presentarase a programación completa e abrirase oficialmente a venda de entradas nos establecementos colaboradores. A Banda agarda que esta recuperación teña unha resposta importante da veciñanza e de todas aquelas persoas que gardan na memoria algunha edición anterior. Para moitas delas, o regreso da cita supón tamén a oportunidade de volver sentir unha celebración que formaba parte do calendario emocional da localidade.
Deste xeito, a cita quere mirar ao futuro sen perder a raíz que a fixo diferente: a música como punto de encontro, a convivencia como sinal de identidade e a memoria colectiva como impulso para volver.
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- De jugar en el Celta de Vigo a emprender juntos: Dos jóvenes gallegos impulsan cultura, tecnología y responsabilidad social con Zona Norte Podcast
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Alumnos de colegios privados en Galicia obtienen mejores expedientes y notas de acceso a la universidad
- Las K9 eléctricas llegarán más lejos: Stellantis planea una nueva evolución para las baterías de las furgonetas viguesas
- El peaje de la selectividad sobre el expediente en Galicia: el alumnado de sobresaliente se reduce a la mitad tras la prueba
- La exmujer del agente FIFA Toni Otero acepta dos años de cárcel y deberá devolver casi 400.000 euros