Actos de confraternidade
Fillos e Amigos da Estrada celebra o sábado 20 de xuño a súa xuntanza anual
Nesta edición recibirán a Insignia de Ouro José Manuel Garrido, Mercedes González, Mario Otero, Mucarce Carpinteros e Socade

Membros de Socade. |
A Asociación de Fillos e Amigos da Estrada celebrará o vindeiro 20 de xuño a súa tradicional xuntanza anual, unha cita que cada ano reúne a estradenses de nacemento ou sentimento arredor dunha xornada de confraternidade, homenaxe e reivindicación dos vínculos coa vila. A entidade, que leva máis de catro décadas promovendo o sentimento de comunidade entre os estradenses e recoñecendo a persoas, empresas e institucións que contribúen a engrandecer o nome do municipio, aproveitará ademais a proximidade das festas patronais de San Paio para convidar á veciñanza á participación nos actos programados.

José Manuel Garrido Couceiro. / Cedida
O presidente da asociación, Alfonso Varela Román, destacou que o principal obxectivo da entidade continúa sendo fortalecer os lazos entre os estradenses e manter vivo o espírito de confraternidade que deu orixe a este colectivo hai máis de corenta anos. Ao mesmo tempo, puxo en valor o labor desenvolvido por aquelas persoas e entidades que contribúen a proxectar a imaxe do municipio dentro e fóra del.

Mercedes González Rey. / Cedida
Os actos da xuntanza desenvolveranse ao longo da xornada do sábado 20 de xuño. O programa arrancará ás 12.15 horas coa congregación dos asistentes na Praza da Igrexa. Posteriormente celebrarase unha misa na igrexa parroquial de San Paio da Estrada en recordo dos estradenses falecidos. Unha vez rematada a cerimonia relixiosa, os participantes realizarán un pasarrúas ata os Xardíns Municipais, onde terá lugar a tradicional ofrenda floral diante do monólito dedicado a Marcial Valladares.

Mario Otero Andión. / Cedida
A continuación desenvolverase a recepción oficial aos homenaxeados no Salón de Plenos do Concello da Estrada, antes de dar paso ao tradicional xantar de confraternidade, que se celebrará a partir das 14.30 horas no Restaurante Samaná. Durante esta comida farase entrega das tradicionais Insignias de Ouro, Placas de Prata e Diplomas de Honra que cada ano concede a Asociación de Fillos e Amigos da Estrada.
Nesta edición recibirán o recoñecemento da entidade José Manuel Garrido Couceiro, María Mercedes González Rey, Mario Otero Andión, a empresa Mucarce Carpinteros S.L. e a Sociedade Cabalar da Estrada (Socade), polos seus méritos e pola súa vinculación co municipio.
A asociación lembra que as persoas interesadas en asistir ao xantar poderán retirar ou reservar as súas tarxetas ata o día 18 de xuño. Ademais, todos os actos estarán amenizados polos Gaiteiros de Barbude.
Coincidindo coa celebración das festas patronais, a entidade anima aos estradenses, tanto aos que residen no municipio como aos que viven fóra, a participar nesta xornada de encontro. Como recolle a mensaxe do presidente, a asociación mantén vivo o desexo expresado polo seu primeiro presidente, Alfonso Varela Durán: «boas festas, saúde e que cante o merlo».
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
- Más de 270.000 inmuebles gallegos deberán adaptarse a las exigencias de eficiencia energética de la UE
- La pesca de recreo sostiene ante el Supremo que el sistema de control español es «más gravoso» que el modelo de la UE
- Muere una persona en una salida de vía en Ponte Caldelas
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- El coro del colegio Cluny de Vigo emociona a Abraham Mateo con su versión de 'Lánzalo': «Se me metió algo en el ojo»
- 500 paraguas en 30 m²: seis décadas de los Rodríguez en Vigo