O Open de Pesca a Mosca contará con 24 participantes
O Clube de Pesca a Mosca Gallaecia organiza hoxe a décima edición do Open de Pesca a Mosca Concello da Estrada, un campeonato que contará coa participación de 24 pescadores. Os participantes pasarán o día no río, parando para almorzar xantar e rematando a xornada cunha cea. Haberá regalos para todos eles.