Despedida
O Areal de Berres apaga este ano o seu lume de San Xoán con un último ritual
José Manuel Gañete: «Son 28 anos facendo isto, é lei de vida. E xa non é unha cuestión de relevo, simplemente acabamos unha etapa e farémolo con alegría»

O «Ritual do lume» é o momento máis agardado do San Xoán no Areal de Berres. / FDV_Externas
O San Xoán do Areal de Berres vivirá este ano a súa última edición despois de case tres décadas convertido nunha das celebracións máis emblemáticas e multitudinarias da Estrada. A organización, encabezada durante 28 anos por José Manuel Gañete e o seu entorno máis próximo, decidiu poñer fin a unha cita que chegou a reunir nalgunhas noites a preto de 2.000 persoas na área recreativa do Areal, xunto ao río Ulla.
A noticia supón un forte impacto xa que esta festa de San Xoán consolidárase como unha referencia cultural e festiva polo seu ambiente natural, o seu carácter alternativo e o simbolismo arredor do lume e da música. "Son 28 anos facendo isto e, bueno, lei de vida", resume Gañete sobre unha decisión que asegura responde unicamente ao peche dunha etapa persoal e na que levan pensando nos últimos anos. "Non é unha cuestión de relevo. Simplemente acabamos unha etapa", explica.

Ritual do lume no Areal de Berres, 2024. / FDV_Externas
A edición de despedida será diferente ás anteriores. Non haberá concertos en directo nin grandes despregues de iluminación. A organización aposta por un formato moito máis íntimo e simbólico, centrado na fogueira e no espírito orixinal do encontro. Haberá fogueira, zona de aparcamento, barra e bocadillos, ademais do tradicional ritual arredor do lume que sempre marcou a medianoite no Areal.
Un dos momentos máis especiais será a queima da barca utilizada durante anos na celebración e nos rituais sobre o Ulla. A modo metafórico, a embarcación arderá na fogueira como símbolo do final dunha etapa histórica para O Areal de Berres. "Queremos que sexa alegre, como unha homenaxe a estas 28 edicións", sinala Gañete.
O organizador recoñece que o obxectivo este ano pasa por recuperar o espírito máis sinxelo e popular das primeiras edicións. "Gustaríanos volver un pouco ao ambiente de romaría", explica. A idea é que a xente acuda coas súas cestas, manteis e comida para compartir o solpor xunto ao río antes da noite de San Xoán. "Que cada un se organice e desfrute do espazo e da noite", resume.
O San Xoán do Areal naceu en 1988 a raíz da queima de cortas e rozas tras realizar traballos de limpeza para a posta en valor do Areal. Entre amigos e veciños foi medrando ata converterse nunha das noites máis especiais da Estrada. Faroliños, velas, sardiñas, polbo e música arredor do lumeiro formaban parte dunha proposta que mesturaba tradición, convivencia e cultura alternativa nun entorno natural único.
Agradecemento
"Ao final a festa facíaa a xente", destaca Gañete ao lembrar o ambiente que se xeraba cada noite do 23 de xuño e pediu expresamente a esta redacción que trasladase o seu agradecemento máis sincero a veciños, amigos, visitantes e a "todas aquelas persoas que fixeron posible esta historia tan bonita". Aínda que moitas persoas botarán de menos a cita, asegura que agora os esforzos centraranse en coidar e manter vivo o entorno do Areal. "O espazo seguirá coidándose como sempre fixemos", afirma. O último San Xoán do Areal de Berres buscará precisamente iso, pechar unha etapa histórica celebrando todo o vivido arredor do lume.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral