Radio e lingua
O Recuncho da Lingua pecha temapada cun guiño ás escolas locais
redacción
O Recuncho da Lingua de Radio Estrada pechará este sábado, 30 de maio, a súa sexta tempada cun programa especial no espazo Mañás de Sábado, dirixido por Isa Durán. O acto servirá tamén para facer balance dun proxecto que, dende o ano 2021, conseguiu consolidarse como unha iniciativa de defensa e divulgación da lingua e da cultura galega na comarca estradense.
Na clausura participarán os centros educativos CEIP O Foxo, CEIP Cabada Vázquez, CEIP Pérez Viondi, CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, IES Avelina Valladares e IES Losada Diéguez, que recibirán o título simbólico de «Recuncheiros de Honra» polo seu compromiso co proxecto. Cada centro será recoñecido cun diploma e cun acivro, símbolo do «traballo ben feito e do futuro que agarda».
Dende O Recuncho da Lingua destacan especialmente o apoio dos centros educativos e da audiencia de Radio Estrada, así como a colaboración de Isa Durán na difusión do proxecto. Ademais, o colectivo confirmou que xa prepara a súa sétima tempada, que estará centrada no 150 aniversario do nacemento de Manuel García Barros.
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La Comisión Europea denuncia a España por no depurar las aguas residuales: en Galicia pone el foco en seis localidades
- Luz verde al inicio de la revolución para la Praza de España de Vigo: el Concello aprueba la primera licencia del ámbito
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- El emotivo homenaje de la hija de Toño Castro a su padre, el central del Compos que sigue vivo en la memoria
- El Celta Fortuna jugará la final por el ascenso