Emotiva homenaxe a Virxinia Pereira en A Estrada coa inauguración dunha placa conmemorativa ante o seu sepulcro
No acto, que marca o inicio do Ano Cultural dedicado á súa figura, participou Noni Araújo, quen lembrou o día no que os restos de nai e fillo se xuntaron no camposanto de Figueiroa

Bernabé / Javier Lalín
O Concello da Estrada vén de inaugurar esta mañá unha placa conmemorativa diante da sepultura de Virxinia Pereira Renda no cemiterio de Figueiroa, nun acto cargado de simbolismo e emoción que serviu, ademais, para marcar o inicio oficial do Ano Cultural dedicado á estradense. A homenaxe, que deu comezo arredor das 10.00 horas, e nela participaron o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao; o párroco estradense José Antonio Ortigueira; a concelleira de Cultura, Lucía Seoane; e Noni Araújo, en representación da familia e como unha das persoas clave para coñecer mellor quen foi esta muller.
Foi precisamente ela quen protagonizou o momento máis emotivo. Tras depositar dúas rosas brancas sobre a sepultura, explicou o significado dese xesto e compartiu, por primeira vez publicamente, o recordo do día no que nai e fillo quedaron reunidos para sempre en Figueiroa.
«Lémbrome de que aquel día había un señor parado no medio da praza, inmóbil baixo un sol de xustiza, mirando para a capela ardente onde estaba Virxinia. Pepa Varela máis eu traiamos o neno e preguntámonos quen sería aquel home. Baixamos do coche e decatámonos de que era Mundo Blanco. Dixémoslle entón se quería ser el quen levara o corpo do fillo do maestro. Pepa foi buscar mentres a Arte Novo dúas rosas brancas, que bicamos os tres antes de depositalas alí. Imaxinade canto choramos! Despois abrimos a caixa dela e, por fin, nai e fillo quedaron xuntiños para a eternidade», contou emocionada.
Pola súa banda, Gonzalo Louzao destacou durante a súa intervención a importancia de Virxinia Pereira na preservación da memoria e da obra de Castelao. «Todos os galegos temos unha débeda con Virxinia Pereira polo esforzo que fixo para preservar, compartir e divulgar a obra de Castelao», sinalou o rexedor, quen tamén quixo agradecer publicamente o «empeño, esforzo e valentía» de Noni por ser ela quen en 1986 impulsara os trámites para reunir os restos de Virxinia e Alfonso Rodríguez Castelao Pereira.
O alcalde explicou ademais que a placa inaugurada este martes foi deseñada coa tipografía de Castelao, buscando unha homenaxe «máis íntima e simbólica», e avanzou que este acto supón só o inicio dunha ampla programación cultural que continuará nos próximos meses con teatro, actividades divulgativas e novas homenaxes arredor desta figura.
Finalmente, o acto rematou ao son da gaita galega coa interpretación do himno de Galicia por parte do músico Juan Ruibal diante da sepultura.
Suscríbete para seguir leyendo
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo