Concurso literario
A Festa das Palabras premia a 60 alumnos coa publicación dun libro coas obras gañadoras
O estradense Xosé Lueiro será o padriño da gala que pechará o concurso literario escolar este mércores ás 20.00 horas noTeatro Principal da Estrada

A presentación contou con representación dos centros educativos estradenses e da concelleira Amalia Goldar. / FDV_Externas
A Estrada prepárase para acoller unha nova edición da Festa das Palabras, unha iniciativa xa consolidada no calendario educativo do municipio que naceu no curso 2013-2014 da man dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros estradenses agrupados en DinamizaEstrada. O evento, que se celebrará o mércores 27 de maio de 2026 no Teatro Principal ás 20:00 horas, porá o broche final a un concurso literario que mobilizou durante meses ao alumnado de todos os centros educativos do concello.
Nesta décimo terceira edición participaron arredor de 200 finalistas, dos que 60 resultaron premiados entre Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. O certame, centrado na creación de micropoemas e microrrelatos, pretende fomentar o uso do galego e reforzar o compromiso coa lingua entre a comunidade escolar, un dos piares fundamentais do proxecto.
As obras presentadas tiveron como punto de partida as palabras “azul” e “noite”, escollidas polo propio alumnado e vinculadas á obra da escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. A partir destes termos, o alumnado desenvolveu textos que destacan pola súa creatividade, imaxinación e sensibilidade literaria.
Os textos premiados recolleranse nun volume conmemorativo que se entregará durante o acto, acompañado de 14 ilustracións realizadas por nenos e nenas de Educación Infantil. A publicación complétase cun limiar do padriño desta edición e unha portada deseñada por Rosa de Cabanas.
A organización destaca o papel do profesorado, do alumnado e das familias, así como o apoio do Concello da Estrada, imprescindible para manter viva esta celebración da lingua e da creatividade literaria.
Padriño e música

Xosé Lueiro será o padriño desta edición da Festa das Palabras / Externas FDV
O padriño da XIII Festa das Palabras será o escritor e dinamizador cultural Xosé Lueiro, filólogo pola USC, docente da Escola Municipal de Artes Escénicas e autor dunha ampla traxectoria literaria e teatral. Lueiro conta con obras como "Antoloxía dun naufraxio", "As papoulas do peregrino", "Alerta cibernética" ou "O ladrón de paraugas", e tamén se encargou da banda sonora de diversas producións ademais de colaborar en distintos medios culturais e recibir premios como o San Martiño de Normalización Lingüística 2007 e o Salmón de Ouro 2009 pola súa traxectoria teatral.

Gloria Pavía porá á música na Festa das Palabras / Externas FDV
O acto contará tamén coa participación musical da artista compostelá Gloria Pavía, acompañada por Rafa Morales. Pavía, recoñecida co Premio Martín Códax de artista emerxente en 2025 e o premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado en 2022 na Estrada, combina a súa faceta musical coa ilustración.
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Abel Caballero exige 9 millones de euros a la Xunta: «Si a Santiago lo apoyan con tres por capitalidad, a Vigo le tienen que dar nueve como ciudad más importante de Galicia»
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- Nuevo operativo contra el narcotráfico en Arousa: registros en Vilanova, Vilagarcía y Ribadumia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo