Entrevista | María Xesús Nogueira Profesora da USC, investigadora e crítica literaria
«Non discutíamos entre nós, o difícil foi poñer orde na memoria dos demais»
A estradense, xunto coa xornalista Ana Romaní, relatan a vida e a obra da súa compañeira Begoña Caamaño nunha biografía pouco convencional.

María Xesús Nogueira participou na presnetación de «Morgana en Esmelle» de Begoña Caamaño. / FDV_Externas
Falamos con María Xesús Nogueira, de Berres, A Estrada, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, investigadora e recoñecida crítica literaria. Xunto a Ana Romaní, é coautora de "Volveredes brindar por min", unha obra que se achega á figura de Begoña Caamaño, homenaxeada coas Letras Galegas deste ano, desde unha perspectiva pouco convencional. Máis ca unha biografía ao uso, o libro constrúe unha memoria compartida que combina investigación, amizade e compromiso feminista. O acto terá lugar hoxe martes, ás 20:00 h, no MOME, A Estrada, organizado pola Asociación Cultural Vagalumes.
Escribir sobre alguén próximo non debe ser fácil. Como levaron o de non deixarse leva polas emocións?
Pois é moi difícil, moi difícil polo que dis. É unha biografía que, ao final, fixa feitos, fixa datos. Entón foi un traballo conxunto de constante alerta, de busca de equilibrio: ata onde podemos deixarnos levar polas emocións e ata onde podemos establecer unha liña que respecte as intimidades da propia Begoña. Unha biografía tamén supón seleccionar datos significativos para entender a figura e a obra, pero respectando sempre a persoa. Foi un traballo complexo nese sentido.
Non se trata dunha biografía convencional.
Nin na estrutura nin na forma de contar as cousas. Si, creo que non é convencional nin na estrutura nin no estilo. A biografía é, en realidade, un intercambio de correos electrónicos entre as dúas, entre Ana e mais eu. É dicir, escribimos sobre a vida de Begoña a través de correos, correos reais que nos intercambiabamos. Obviamente estaban planificados, non eran espontáneos. Fixemos esta fórmula porque queriamos falar as dúas, cada unha coa súa propia voz, salvagardando o lugar desde o que falabamos e as nosas subxectividades. Pensamos que podía ser unha fórmula que funcionase a de intercambiar correos nos que íamos explicando a vida e as claves da súa obra.
Houbo discusións entre Ana Romaní e vostede sobre dúbidas de datas, nomes, lugares?
O problema non foi tanto entre nós, senón no traballo de reconstrución da memoria sobre Begoña entre as persoas máis próximas a ela.
Que querian destacar de Begoña en canto á súa personalidade e ao seu pensamento e activismo?
Queríamos dar conta dunha Begoña Caamaño comprometida, polifacética, con moitas dedicacións: o feminismo, o sindicalismo, a literatura…
Supoño que no libro está moi presente o xornalismo cultural.
No libro está moi presente o seu xornalismo cultural, pero tamén o seu xornalismo informativo. Comezou no xornalismo radiofónico informativo, cubrindo conflitos da reconversión industrial, do sector naval e da realidade laboral da época. Despois, na madurez, pasou ao xornalismo cultural e á creación de espazos propios. Foi unha profesional que evolucionou moito ao longo da súa carreira.
Para a xente que non coñece a Begoña Caamaño, que pensan que pode achegar o libro?
A súa capacidade de implicación en moitas loitas e causas, pero tamén unha especie de crónica dunha época. Para a xente máis nova, permite entender mellor a figura e tamén reconstruír un tempo histórico e cultural.
Explíquenos a relación que tiña con Begoña Caamaño.
Cando dirixía Ana Romaní o "Diario Cultural" da Radio Galega, ela era locutora alí. Entón, un día comecei a establecer unha relación de máis confianza con ela. E despois iso supoño que levou a que me pedise que lle presentase en dúas ocasión o seu libro "Morgana en Esmelle". Xa tiñamos unha relación de certa confianza.
Como xurdiu a idea de escribir entre as dúas un libro sobre Begoña Caamaño?
Inicialmente foi unha proposta de Editorial Galaxia pola nosa proximidade e polo vínculo emocional que tiñamos con ela. Individualmente ningunha das dúas nos víamos capacitadas para facelo por separado e entón chegou un momento no que pensamos que podiamos escribir unha biografía conxuntamente, cada unha achegando o que podía, desde a súa relación e o coñecemento que tiñamos dela.
E sobre o Día das Letras Galegas dedicado a ela, como viviu vostede o anuncio e o proceso ata agora?
Foi unha moi boa nova, seguían reforzando o recoñecemento a escritoras. Vivímolo con alegría e responsabilidade, con emoción e tamén con moita responsabilidade. E poñernos con este libro suporía poñer os primeiros alicerces dunha biografía que aínda estaba por facer. Moitas veces os datos non coincidían, había inexactitudes... Entón non era só unha discusión interna, senón tamén dar sentido a todo o que nos contaban. Porque parece que escribir sobre alguén próximo no tempo é máis doado, pero en realidade non o é. Descubrimos que tamén ten moitas dificultades.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral