Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Lalín pecha con teatro, música e poesía os actos dedicados a Begoña Caamaño

Lalín pecha con teatro, música e poesía os actos dedicados a Begoña Caamaño | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Lalín pecha con teatro, música e poesía os actos dedicados a Begoña Caamaño | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Concello de Lalín pechou este sábado os actos organizados con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño. A actividade concentrouse na carpa instalada na Praza da Igrexa. Pola mañá, co espectáculo As mil e unha, unha proposta escénica coa que Vero Rilo e Luís Iglesias se achegan á autora homenaxeada. Xa pola tarde, tivo lugar un recital poético: Alexandre Corbillón, Carmeliña García, Armando González, Juan José Liñares, Rolando Medina, Laura Falgueras e Avelino Jácome leron poemas e textos breves en lingua galega. A cantante cruceña Leticia Rey e o pianista lalinense Iago Mouriño amenizaron os interludios.

Lalín pecha con teatro, música e poesía os actos dedicados a Begoña Caamaño | XPONTE

Lalín pecha con teatro, música e poesía os actos dedicados a Begoña Caamaño | XPONTE

Tracking Pixel Contents