Ano Oteriano
Lalín acollerá a presentación dun documental sobre Otero Pedrayo e Galicia
A obra audiovisual, que se proxectará o 29 de maio, reivindica a figura do escritor como xeógrafo e pioneiro na interpretación do territorio galego

Imaxe promocional do documental sobre Otero Pedrayo. / Cedida

A Fundación Otero Pedrayo e o Concello de Lalín organizan a presentación e proxección do documental Ramón Otero Pedrayo. Dereito á paisaxe, unha obra audiovisual dirixida por María José Bravo Bosch que reivindica a figura do escritor ourensán como xeógrafo e pioneiro na interpretación do territorio galego.
A cita terá lugar o venres 29 de maio, ás 20:00 horas, no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero, con entrada libre ata completar o aforo. A actividade forma parte da programación do Ano Oteriano, que se celebra neste 2026 coincidindo co 50º aniversario do pasamento do autor e co centenario da publicación da súa Guía de Galicia, editada en 1926.
O documental, de 40 minutos de duración, aborda a paisaxe como unha realidade física e tamén como unha ferramenta para comprender a historia, a sociedade e a evolución de Galicia. A peza combina entrevistas, recreacións ficcionadas, imaxes documentais e material gráfico de época para construír un relato divulgativo arredor da achega de Otero Pedrayo ao coñecemento da xeografía galega.
A obra incorpora reflexións de especialistas como Eduardo López Pereira, Patricia Arias Chachero, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero e Augusto Pérez Alberti. Tamén inclúe escenas rodadas na contorna de Mouriscade para recrear a viaxe realizada en 1927 por Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben Cho Shey entre Ourense e San Andrés de Teixido.
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Samil abre este miércoles la gira de verano de Cadena Dial con once conciertos gratis