Entrevista | Gonzalo González Rodríguez Autor de 'Caminos y raíces de la parroquia de Santiago de Catasós'
«Gárdolle moito cariño a Venezuela, porque é como a miña segunda patria»
No seu segundo libro recolle lendas, aldeas e patrimonio perdido que permanece na lembranza dos veciños máis vellos e no arquivo da Diocese de Lugo

González presentou o seu libro no Auditorio de Lalín. / Manolo Seixas

O auditorio de Lalín acolleu este sábado a presentación de 'Caminos y raíces de la parroquia de Santiago de Catasós', un libro no que un dos veciños desta parroquia, Gonzalo González, leva traballado nos últimos tres anos. O evento incluiu unha actuación de Scene Ballet, de músicos amigos do autor e de Pachi Show, así como unha proxección dunha hora con imaxes de todas as aldeas da feligresía. González pertence a unha familia xa de artistas, posto que o seu pai, Darío, e o seu tío José Benito estiveron entre os fundadores do grupo Os Dezas de Moneixas.

O autor posa cun cadro coas portadas das súas obras regalo da súa filla e o seu xenro. / Manolo Seixas
Como xurdiu a idea deste libro, despois de ter publicado 'Objetivo cumplido?
Foi despois de ter un accidente laboral e tamén a raíz da boa acollida que tivo o meu primeiro libro. Para documentarme, acudín á documentación que garda o arquivo da Diocese de Lugo, pero tamén á xente de 80, 90 e de máis de100 anos da parroquia. Foron esas persoas as que me contaron, por exemplo, que a 50 metros da casa onde nacín houbera unha ermida, da que eu de neno só lembraba o oco que quedara no chan. Desa ermida e doutra que seica había no Castro de Catasós xa non queda nada.
Por Catasós pasa unha das rutas xacobeas, a Vía de la Plata. Tamén a menciona neste volume?
Esa ruta discorre entre Puxallos ata o límite con San Fiz da Xesta. Eu non fixen ese camiño a Santiago, pero si o Camiño Francés. Levoume un mes, entre un 30 de maio e un 30 de xuño, e esa experiencia si aparece en 'Objetivo cumplido'. Lembro que fixen moi boa amizade cun matrimonio andaluz ao que coñecera en Burgos.

Gonzalo, con familiares e amigos. / Manolo Seixas
Vostede naceu en Cobas, emigrou de adolescente e voltou na década dos anos 90. Cambiou moito a súa aldea?
Eu nacín en 1955. Eramos 11 irmáns e, tralo falecemento do meu pai, emigrei con 3 irmás e a miña nai a Venezuela, despois de reclamarnos un irmán dela. Outros irmáns meus marcharon a distintos países. Foi un cambio moi grande, e de feito no anterior libro quixen falar do que significaba a emigracióne de cómo, por exemplo, cando estabas nun país de fóra ao falar con outra persoa emigrada comentabamos ónde naceramos cada un. Eu botei 23 anos fóra. Volvín para Galicia nos anos 90, pero despois a través dunha empresa estiven traballando no País Vasco, Trinidad e Tobago, Alemania e Francia.
E cal é o país ao que lle garda máis cariño, ainda que volvese á terra onde naceu?
A Venezuela téñolle moito cariño, é como a miña segunda patria. Precisamente na miña aldea de Cobas, que seremos 10 ou 12 familias, vive agora un matrimonio de Venezuela. Eso si, Bos Aires, onde vive un irmán meu, tamén me gustou moito. Tamén quero dicir que non volvín para a nosa terra só eu, senón boa parte dos meus irmáns.
Onde podemos mercar o seu novo libro? Que por certo, tamén está publicado por Punto Rojo Libros, a editora do anterior.
Ademais de estar á venta no propio acto da presentación, vou repartilo entre distintas librerías. No acto de presentación tiña claro que quería que fose un evento no que a primeira fila estivera ocupada por veciños e veciñas, non por políticos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
- Más de 270.000 inmuebles gallegos deberán adaptarse a las exigencias de eficiencia energética de la UE
- La pesca de recreo sostiene ante el Supremo que el sistema de control español es «más gravoso» que el modelo de la UE
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- El coro del colegio Cluny de Vigo emociona a Abraham Mateo con su versión de 'Lánzalo': «Se me metió algo en el ojo»
- 500 paraguas en 30 m²: seis décadas de los Rodríguez en Vigo
- El comercio del metal de Pontevedra planea cuatro días seguidos de huelga