Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Manguelo Folk acolle esta noite sete grupos en Orazo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

A asociación sociocultural Coto Manguelo, da Estrada, celebra esta tarde-noite a décimo cuarta edición do festival de música Manguelo Folk, no campo da festa de Orazo. O evento reunirá a sete grupos musicais e comezará ás 17.00 horas con xogos tradicionais a cargo de Sororas e un obradoiro de baile para non quedar atrás cando empece a música. Pola tarde actuarán Lilaila, Estraloqueiras e Tequexetéldere. Ás 22.00 horas será a quenda de Pandereteiras Aldomir, Chihomechi, Maghúa e Tanto nos ten. O festival rematará cunha foliada libre e aberta ao público. Trátase dunha cita xa consolidada na comarca de música tradicional e ambiente festivo.

Tracking Pixel Contents