Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Avelina Fest

O festival que saíu das aulas

Música, escolares, pulseiras, maquillaxe, fotomatóns e a defensa da lingua galega. Se mesturas todo iso o resultado é o Avelina Festa, unha iniciativa posta en marcha polo IES Avelina Valladares que xuntou a uns 350 alumnos dos tres institutos estradenses. Non está mal para ser a súa primeira edición.

Varios alumnos amosan as pulseiras do festival (arriba). Actuación do grupo galego Tapa d’Orella (esquerda). | FOTOS: L.D.

Varios alumnos amosan as pulseiras do festival (arriba). Actuación do grupo galego Tapa d’Orella (esquerda). | FOTOS: L.D.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Estrada

Tras uns minutos no IES Avelina Valladares un non pode deixar de sorprenderse ao ver o que pode a unión de mestres, alumnos e pais cando teñen unha boa idea entre mans e a motivación necesaria para levala a cabo. Unha desas ideas é o Avelina Fest, unha iniciativa que buscou recrear grandes festivais como O Son do Camiño, Portamérica ou Morriña Fest, nunha versión escolar e co obxectivo de promocionar o uso da lingua galega. Como adoita ocorrer nestes casos, esa idea inicial foi tomando forma e medrando a partir desa base para terminar creando un festival a recoñecer.

O festival que saíu das aulas

O festival que saíu das aulas

O Avelina Fest nacía con limitacións –non falemos de cartos– pero sobráballe ilusión, especialmente por parte do profesorado do centro, co apoio da dirección. Logo chegaron os voluntarios de diferentes cursos e finalmente a Asociación de Familiares do Alumnado, que contribuíron especialmente a nivel loxístico. Todo ese esforzo regalou un festival que se estendeu ao longo de toda a mañá e no que participaron todos os alumnos do centro xunto a varios cursos dos veciños Losada Diéguez e García Barros. En total, uns 350 rapaces.

Como cartel contaban con Señora DJ, Lúa Mosquetera e Tapa d’Orella, unha oferta que se completaba co habitual neste tipo de festivais: Pulseiras, vasos para as bebidas, posto de maquillaxe, comida e ata fotomatóns. Sen dúbida, todo un acerto por parte do IES Avelina Valladares ao que agora lle toca consolidarse e medrar.

Tracking Pixel Contents