Entrevista | Duarte Correa Piñeiro Autor de 'Imperialismo no século XXI'
«Deberíamos aprender moito do diálogo de China: en 20 anos convertiuse no socio comercial máis importante do planeta»
O Museo Municipal de Lalín acolleu este venres a presentación do volume 'Imperialismo no século XXI' no que Duarte Correa analiza como foron mudando, nun século, as relacións comerciais e políticas entre as nacións, para pasar da antiga visión dos bloques capitalista e comunista á unha relevancia cada vez maior de China e da India.

Duarte Correa, antes da presentación do libro. / Bernabé

Lalín súmase ás localidades da Pobra do Caramiñal, Santiago ou Lugo nas que Duarte Correa da a coñecer o seu ensaio sobre as relacións entre países, baseadas en intereses comerciais pero ás veces tamén en 'discursos do medo'.
Este volume está estruturado en 19 capítulos que poden lerse na orde que queira o lector, e a maiores dispón de 100 notas para profundizar nos temas que aborda. Que imos atopar no libro?
Ten dous obxectivos: por un lado o académico, para recuperar o concepto de imperialismo, posto que se ten empregado pouco nos últimos 30 anos, e por outro a comparación entre o imperialismo do século XXI respecto ao do século XX. Na anterior centuria, o imperialismo destacaba polas agresións militares e as presións económicas. Había dous bloques, ata que desapareceu o comunismo e a URSS, de xeito que entre 1991 e 2012 só quedou unha potencia, os Estados Unidos. A partir de 2012 China decide intervir. Agora mesmo, a potencia imperialista dos Estados Unidos está en decadencia. Nós só vemos Nova York, Los Ángeles ou Chicago, pero en Detroit, que nos anos 80 era moi relevante polas súas fábricas de coches, hoxe en día ducias de milleiros de persoas viven na rúa. E China, agora mesmo, é superior a Estados Unidos a nivel comercial, que non militar.
Por que?
Porque aprendeu de África e porque sempre foi colonizada. En 20 anos China converteuse no socio comercial máis importante do planeta. Nas relacións comerciais sempre procura que haxa un interese mutuo, ao contrario do que fixeron paises como España, tratando de explotar todo o posible. Pensa, por exemplo, que en América Latina quitando Canadá, os Estados Unidos e México, o primeiro socio comercial seu é China, que ademais está cumprindo un papel moi importante no alto o fogo en Irán. O que non podemos é seguir co tópico de que China é imperialista, e hai que ter en conta o despegue da India a nivel tecnolóxico.
Hai que deixar de pensar, por tanto, que o mundo está rexido por só dúas potencias ou bloques?
Coa globalización a UE e os Estados Unidos desindustrializáronse pensando que iamos vivir ben mentres traballasen outros. Agora Trump volve estar industrializando os USA, e hai que lembrar que o votou a clase traballadora, as mulleres e a primeira xeración de inmigrantes. E na UE nos últimos 30 anos cambiou o estado de benestar e camiñamos cara a un sistema capitalista similar ó dos Estados Unidos Na UE ainda seguimos coa venda posta en cousas como a rusofobia. Creo, por exemplo, que en Rusia seguramente non podería publicar este libro, pero en Hungría, que pertence á UE, tampouco, e nos Estados Unidos tería moitos problemas. Respeto á rusofobia, Putin pediu a entrada na OTAN en tres ocasións, e negóuselle, pese a que en gasto militar é o cuarto país, pero moi por detrás de USA, China e a UE.

Asistentes ao evento no Museo Municipal de Lalín. / Bernabé
Mencionaba vostede o papel de China no conflicto con Irán, un país rexido por unha ditadura. Ata que punto ten dereito un país a cambiar o réxime político doutro?
Ningún, non ten ningún dereito. Fálase da ditadura de Irán pero non das de Arabia Saudí ou dos Emiratos Árabes Unidos. E tampouco se fala de que Israel non é unha democracia, porque non ten constitución, así que dende o punto de vista democrático é como Irán.
É evidente que as guerras actuais son por fontes de enerxía, e que as redes sociais tamén funcionan como difusores de discursos ideolóxicos xenófobos.
Certo. A idea de Trump de facerse con Groenlandia non é tanto polas terras raras, senón porque en 2040 e debido ao quentamento global, derreterase o xeo e a ruta comercial marítima polo Ártico suporá un aforro de 25 días. Ainda que a situación actual é moi similar á dos anos 20 do século pasado e ao periodo entre 1898 e 1909 (co perigo de que hoxe temos capacidade para destrozar o mundo varias veces), eu teño esperanza en que cambien os elementos de soberanía e os parámetros das fontes de enerxía e de consumo. Por exemplo, se a India decide que cada familia ten dereito a ter dous coches, como pasa na UE, isto estoupa.
Xa para rematar, que escenario lles queda aos pequenos países?
Sempre houbo o debate de se un país máis grande ten máis futuro. Existen países pequenos cun gran papel, como Holanda, Bélxica ou Irlanda.
Suscríbete para seguir leyendo
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- El ex copropietario de Hiperxel Eusebio Novas, a prisión: «Se le deniega el beneficio de la suspensión por su peligrosidad criminal»
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»