Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Galeguidade

Lalín corre polo noso: unha meta compartida por 800 rapaces

A capital dezá convértese no epicentro do deporte escolar e a defensa do idioma coa celebración dun CorreLalín que reuniu a toda a comunidade educativa

800 escolares del municipio participan en el Correlalin

Pablo Varela / Ángel Graña

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Lalín

O IES Aller Ulloa de Lalín organizou o CorreLalín 2026, unha cita que se enmarcou dentro do prestixioso ciclo Correlingua, a iniciativa que percorre Galicia vinculando o exercicio físico coa promoción e defensa do noso idioma. O evento, que contou co apoio do Concello de Lalín, Gadis e o grupo Jim Sports, non só buscou fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables, senón que se erixiu como un espazo de reivindicación activa da lingua e a cultura galegas e logrou mobilizar a máis de 800 persoas.

O CEIP Manuel Rivero aportou 48 alumnos e alumnas, mentres que o CEIP Xoaquín Loriga (Golmar) sumou 79 participantes. Pola súa banda, o centro Scientia acudiu cunha delegación de 72 escolares acompañados por 2 profesores. Unha das representacións máis numerosas foi a do IES Laxeiro, que mobilizou a 174 mozos e mozas pertencentes aos cursos de 1º e 2º da ESO. A nota de maior tenrura puxérona os máis pequenos da escola infantil de Donramiro, que participaron con 20 nenos e nenas. Finalmente, o centro anfitrión, o IES Ramón María Aller Ulloa, achegou a cifra máis alta con arredor de 400 participantes, aos que se uniron no tramo final da xornada 5 profesores máis para coordinar os labores de organización e peche do evento.

Neste contexto de unión e orgullo, Sylvia Cea, vicedirectora do IES Ramón María Aller Ulloa, destacou o valor simbólico e práctico da iniciativa sinalando que: «Nós parece moi importante nesta época que vivimos facer algo a prol da língua e tamén un pouquiño incentivar o deporte. Estamos encantados coa participación». Todos os asistentes puideron dispor dun servizo de avituallamento gratuíto grazas á colaboración de Gadis. Para reforzar ese carácter de defensa da identidade, a asociación AGXPT organizou unha mostra de xogos tradicionais galegos.

O palmarés foi o seguinte: na categoría de 5º de Primaria masculina, o vencedor foi Tomás Pérez Simón, do centro Manuel Rivero, co dorsal 152; na feminina, a primeira praza foi para Telma Salgueiro, tamén do Manuel Rivero, co dorsal 243. En 6º de Primaria, Xabier Alvaredo (Golmar) gañou en rapaces co dorsal 100, e Sofía Mote (Golmar) fixo o propio en rapazas co dorsal 175. No nivel de 1º da ESO, Iago Rodríguez Tordevilla, do centro Laxeiro, levou o primeiro posto masculino co dorsal 436, mentres que Nora Gómez, do centro Lax, gañou na categoría feminina co dorsal 461. Finalmente, en 2º da ESO gañaron Lahcen Bouyriq (SCI, dorsal 348) e Xulia García (Aller, dorsal 767). En 3º da ESO os primeiros postos foron para Bilal Dahmane (Aller, dorsal 799) e Imane Bekhadda (Aller, dorsal 832). En 4º da ESO pecharon a lista de gañadores Xavier Salgueiro (Aller, dorsal 857) e Alicia Quintela (Aller, dorsal 916). Os concelleiros Pablo Areán, Begoña Blanco e Raquel Lorenzo, xunto aos profesores Alba Payo e Miguel Pereira entregaron os trofeos.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents