Tribuna libre
A bandeira palestina seguirá aí

Repintado do lema na bandeira, onte pola tarde.
Asociación cultural o naranxo
Dende a Asociación Cultural O Naranxo, xunto coa veciñanza do Deza queremos denunciar publicamente os reiterados ataques vandálicos contra a bandeira palestina pintada na Avda. de O Naranxo, unha acción que non interpretamos como un simple acto de deterioro, senón como un intento deliberado de silenciar unha expresión de solidariedade e compromiso cos dereitos humanos.
A bandeira foi pintada hai anos como parte dunha iniciativa colectiva acompañada dun acto público de repulsa á ocupación de Palestina e de apoio ao pobo palestino. Non naceu como provocación, senón como un xesto de memoria, conciencia e posicionamento ético fronte a unha realidade de sufrimento, violencia e desposesión que continúa até hoxe.
Nos últimos meses, alguén decidiu emprender unha campaña persistente de sabotaxe contra este símbolo, emborronándoo unha e outra vez. Xa son catro as ocasións nas que tivemos que restauralo. E queremos dicilo con claridade: cada vez que intenten borralo, volveremos pintalo.
Porque o que molesta a quen actúa desde o anonimato non é unha parede pintada: o que molesta é que exista memoria, solidariedade e unha voz crítica no noso pobo. Pretenden impor o silencio mediante actos covardes, pero só conseguiron reforzar a nosa convicción e multiplicar a nosa determinación.
Defender a liberdade de expresión significa tamén defender o dereito dunha comunidade a manifestar pacificamente o seu rexeitamento á ocupación e á vulneración de dereitos humanos. Non imos normalizar que o odio, a intolerancia ou a intimidación marquen os límites do que pode expresarse no espazo común. Non nos van cansar. Non nos van borrar. E non van conseguir que miremos para outro lado.
A bandeira palestina seguirá aí mentres exista vontade colectiva de sostela, porque representa algo máis profundo ca unhas cores sobre unha parede: representa a defensa da dignidade dun pobo e o compromiso cunha sociedade que non cala diante da inxustiza.
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho