Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

A Carreira pola Lingua e un recital poético, entre vindeiros actos en Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

redacción

Lalín

Lalín continúa esta semana coa programación de Lalín nas Letras 2026 con novas actividades centradas na lingua galega, a creación literaria e a figura de Begoña Caamaño. Tras o Serán das Letras, o calendario inclúe propostas dirixidas tanto aos centros educativos como ao público xeral. A primeira cita será a Carreira pola Lingua, que se celebrará este venres, de 10.00 a 13.00 horas, na Praza de Galicia. Nela participarán centros educativos co obxectivo de promover o uso do galego dun xeito lúdico e participativo.

A programación municipal continuará o sábado na Praza da Igrexa. Ás 12.00 horas terá lugar o espectáculo As mil e unha, unha proposta escénica sobre Begoña Caamaño a cargo de Vero Rilo e Luís Iglesias, pensada para achegar a figura da autora homenaxeada a todos os públicos. Ese mesmo día, ás 18.00 horas, celebrarase un recital poético amenizado por Leticia Rey e Iago Mouriño e presentado por Avelino Jácome. Participarán Alexandre Corbillón, Carmeliña García, Armando González, Juan José Liñares, Rolando Medina e Laura Falgueras, que lerán poemas ou textos breves en galego.

A iniciativa busca fomentar a creación literaria, dar visibilidade ao talento local e converter a celebración das Letras Galegas nun espazo de encontro arredor da palabra, da música, da oralidade e da participación cidadá.

Tracking Pixel Contents