Gandaría
Rodeiro, clave na recuperación da Rubia Galega «de antes»
Técnicos de Agacal e de Xenética Fontao recollen mostras en ganderías de Camba para analizar a xenética da raza tradicional

Visita a unha das explotacións nas que se tomaron mostras. / Cedida

A Asociación Gandeira Rubia Galega do País colabora nos traballos para recuperar a xenética da Vaca Rubia Galega tradicional, a considerada «de antes». A entidade participa na obtención de mostras de vacas rubias en ganderías de Rodeiro, nun proxecto no que tamén interveñen Xenética Fontao e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), encargadas da investigación para identificar a xenética axeitada.
A iniciativa leva por título Consolidación do núcleo de vacún de raza Rubia Galega especialmente seleccionado polas súas cualidades maternais no CIAM e posta a disposición de reprodutores e material xerminal desta liña de selección xenética en ganderías galegas de vacún de carne. Está liderada pola Agacal como proxecto de conservación xenética gandeira e conta con financiamento do Plan estratéxico PAC 2023-2027 (PEPAC), dentro da subintervención 65052_02. O financiamento é compartido nun 80% por fondos FEADER, nun 14% pola Xunta de Galicia e nun 6% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Para avanzar nos traballos, o persoal técnico visitou diferentes ganderías de Rodeiro e recolleu mostras de diversos animais, que serán analizadas posteriormente por Agacal e Xenética Fontao. A selección realizouse en exemplares nos que se identificou morfoloxicamente a presenza de características maternais propias das vacas rubias «de antes», segundo o criterio do técnico investigador da Agacal, Luis Vázquez, e do persoal de Xenética Fontao.
Entre os caracteres que se teñen en conta figuran os maternais, os de crecemento e os da canal. Como índices para a decisión de selección destacan o índice materno e o de produción.
O índice de produción, equilibrado en trazos maternos, produtivos e da canal, oriéntase á selección de xovencas cunha mellora ampla en múltiples trazos. Pola súa banda, o índice materno está deseñado para seleccionar xovencas de recría pola súa fertilidade, lonxevidade e maior peso dos xatos ao destete, polo que se trata dunha ferramenta orientada á produción de xatos ao destete ou cun curto período de cebo.
Tamén se obtén un índice terminal, enfocado a identificar animais cun rendemento superior na canal. Neste caso ponse maior énfase no peso da canal quente, seguido do marmoreado e da área do lombo.
Potencial maternal
Todos os gandeiros e gandeiras participantes recibirán unha ficha técnica cos resultados dos animais seleccionados polos técnicos. Nela poderán consultar as puntuacións nos caracteres e índices xenéticos analizados, co obxectivo de coñecer que exemplares presentan características maternais máis semellantes ás da Vaca Rubia Galega «do país».
A finalidade do proxecto é identificar os animais da raza coas mellores características maternais, sen descoidar as vinculadas ao crecemento. Estes exemplares poderían resultar de interese para a súa multiplicación no futuro, o que permitiría recuperar e manter as características da Vaca Rubia Galega tradicional, destacada polo seu potencial maternal e pola súa capacidade para producir leite abondo para aleitar as crías.
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo