Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carta aberta

Aos veciños de Carboentes e Arnego

Aos veciños de Carboentes e Arnego

Aos veciños de Carboentes e Arnego

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

CatiSomozacalviño

Estimados alcalde e tenente alcalde:

Logo da reunión encabezada este luns polo presidente da Deputación de Pontevedra e veciño de Rodeiro, Luis López, coa veciñanza de Carboentes e Arnego con motivo do plan do goberno provincial para realizar unha mellora histórica na estrada municipal que conecta as dúas parroquias, quero compartir con vdes. unha reflexión persoal: é tal o clamor pola reforma da vía, e tanta a urxencia de dar pasos adiante, que é o momento de rachar os esquemas peor valorados da política.

Onde outros aproveitarían –e pode que aproveiten– a oportunidade para confrontar con novas leas, eu quero facer unha proposta en positivo.

Pido o que nos pide a xente. Pido que abandonemos calquera interese electoral en favor desta obra. Pido que só nos poñamos unha camiseta: a camiseta de Rodeiro.

Así pois, como líder da forza política máis votada no municipio, quero propoñer a todos os partidos con representación do Concello un Pacto por Carboenes-Arnego encamiñado a tomar desde xa, e coa unidade de todos os partidos, as decisións necesarias para que a reforma da estrada sexa unha realidade canto antes, malia a súa complexidade técnica e administrativa.

Temos unha oportunidade.

O compromiso político e persoal de Luis López con esta actuación abre unha ocasión inédita que non nos podemos permitir desaproveitar. Todos o sabemos. Non hai tempo que perder.

Por esa razón, como primeira actuación do Pacto, propoño que os líderes dos tres partidos iniciemos canto antes e de xeito conxunto e acordado os contactos formais cos veciños de Carboentes e Arnego para conseguir a cesión e/ou expropiación dos terreos necesarios para executar o plan de mellora proposto pola Deputación.

Convídovos a unirvos a este pacto por Carboentes-Arnego. Confío en que todos esteamos á altura, e que Rodeiro, cando o día de mañá nos xulgue polas decisións que tomamos nós como os seus representantes, se sinta orgulloso do que fixemos.

É o momento.

Atentamente.

Tracking Pixel Contents